Un ficheiro temporal é un ficheiro creado para almacenar información temporalmente, xa sexa para o uso intermedio dun programa ou para transferilo a un ficheiro permanente unha vez finalizado. Pode ser creado por programas informáticos para unha variedade de propósitos, como cando un programa non pode asignar memoria suficiente para as súas tarefas, cando o programa traballa con datos maiores que o espazo de enderezos da arquitectura ou como unha forma primitiva de comunicación entre procesos.

Extensión Os ficheiros temporais adoitan ter a extensión .tmp, aínda que non sempre. Estes ficheiros adoitan almacenarse en /tmp en sistemas Unix ou Linux, ou en C:\Windows\temp en sistemas Windows, pero poden estar localizados noutro lugar dependendo do programa; por exemplo, en \Temporary Internet Files para Internet Explorer.

Memoria auxiliar Os sistemas operativos modernos empregan memoria virtual; porén, os programas que usan grandes cantidades de datos (por exemplo, vídeo) poden precisar crear ficheiros temporais.

Comunicación entre procesos A maioría dos sistemas operativos ofrecen primitivas como pipes, sockets ou memoria compartida para pasar datos entre programas, pero a miúdo a forma máis sinxela (especialmente para programas que seguen a filosofía Unix) é escribir datos nun ficheiro temporal e informar ao programa receptor da localización do ficheiro temporal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas </ref>

Categoría:Formatos de ficheiro Categoría:Sistemas de ficheiros