Skadelos é unha banda de música galega formada no ano 2019 no Carballiño. O seu estilo musical caracterízase pola fusión de ritmos festivos coma o ska, o pop, o rock e o punk, destacando polos seus ritmos e letras alegres e directos potentes. As súas letras, escritas en galego, tratan diferentes temáticas. En 2026 gañaron a primeira edición do certame Onda Chicha.
Traxectoria Etapa en acústico (2019-2023) O proxecto musical xurdiu entre un grupo de amigos da comarca do Carballiño co obxectivo de trasladar aos escenarios a música e o ambiente festivo que nacía de xeito espontáneo nas súas xuntanzas populares. A formación en formato acústico está composta por Darío (voz e guitarra acústica), Diego (voz e caixón) e Sander Ulloa (saxofón).
Na súa primeira etapa (2019-2023), a formación desenvolveuse principalmente nun formato acústico co que editou varios sinxelos en plataformas dixitais e construíu a súa base de seguidores en Galicia, conseguindo máis de 60 000 reproduccións nas plataformas dixitais cos seus seis sinxelos publicados, xunto co videoclip de "Focos, Lumes Nunca Máis!" rodado nos montes queimados na Provincia de Ourense.
Etapa formato banda En 2026, o grupo da un xiro na súa traxectoria profesional ao reformular o proxecto cun formato de banda completo e electrificado, gañando potencia sonora e presenza escénica. A formación en formato banda está composta por Darío Santomil (voz e guitarra eléctrica), Duni Pérez (guitarra), Alberto Fariñas (batería), Ángel Gulías (baixo), Willy Gómez (trompeta) e Roi (trombón).
En xuño de 2026, Skadelos proclamouse gañadora da 6ª edición do certame de música emerxente Onda Chicha, cuxa final se disputou na emblemática Sala Capitol de Santiago de Compostela. Alí, Skadelos convenceu co seu directo a público e xurado profesional para coroarse como gañadores do certame.
Coa nova formación en formato banda, Skadelos publica o sinxelo "Un Vidón" o 2 de xullo de 2026 como presentación dunha nova era no grupo.
Estilo As súas composicións teñen como base común a enerxía festiva, combinando patróns clásicos do ska e o pop coas melodías accesibles do rock, punk e ritmos de rumba. A súa proposta lírica caracterízase polo uso do galego como canle de expresión de xeito consciente e directo.
Nas súas letras, Skadelos falan da celebración da propia vida, dos seus sentimentos e inquedanzas. Sen deixar ó lado a crítica social e a defensa da cultura galega, fan uso da retranca e o humor para contar situacións e vivenzas da mocidade.
Discografía
Sinxelos "Gravado a ferro" - 2021 "Estarei" - 2021 "Marcho de festi" - 2022 "Lembranzas" - 2022 "Focos, Lumes Nunca Máis!" - 2023 "Agora quero" - 2023 "Un Vidón" - 2026
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Skadelos en GalicianTunes.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos de rock en galego Categoría:Grupos musicais de ska