O hórreo de Lira é unha construción para gardar alimentos situada en Lira (Carnota).

Descrición O hórreo sitúase a carón da igrexa de Santa María de Lira, á cal estivo vencellado. Construíuse entre 1779 e 1814, primeiro con 11 pares de pés que foron ampliados a 22, e adscríbese ao denominado hórreo tipo Noia, construído en granito. Aséntase sobre unha pequena plataforma de pedra para salvar o desnivel do terreo. Mide 36,53 x 1,6 m.

Está protexido polo Decreto 449/1973 de protección de hórreos e cabazos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hórreo de Carnota Hórreo galego

Lira Categoría:Carnota