Patrician III: Rise of the Hanse é a terceira entrega da serie de videoxogos Patrician desenvolvida por Ascaron, publicado en outubro de 2003. É un xogo de simulación económica ambientado na Liga Hanseática.
O xogo ten lugar no mar Báltico, nas cidades da antiga Liga Hanseática. O xogo comeza no ano 1300, remata no ano 1400 e funciona por rangos. Ao principio, o xogador é un simple comerciante e debe ascender de rango gañando diñeiro e fama ata chegar ao cargo de gobernador, e para iso é necesario facer negocios ou converterse en pirata para conseguir diñeiro.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos de simulación económica