O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en TerceiraGuía Marca da Liga 09 Datos do CA Osasuna. Diario Marca.. Historicamente, é o 16° mellor equipo de EspañaSpanish Premier Division All-Time Table 1928-2008 (77 Leagues). Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.

É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul mariño, medias vermellas. Segundo equipamento: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.

Estadio 250px|miniatura|Estadio El Sadar

O Osasuna xoga os seus partidos como local no Estadio El Sadar, coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2011 por motivos publicitarios, que ten unha capacidade de 19.800 espectadores sentados. Foi inaugurado o 2 de setembro de 1967 e as súas dimensións son 105 m de longo e 67,5 m de ancho.

Datos do club Tempadas na 1ª: 34 Mellor posto na 1ª: 4º (90/91 e 05/06) Peor posto na 1ª: 20º (93/94) Tempadas na 2ª: 33 Mellor posto na Segunda división española: 1º (52/53, 55/56 e 60/61) Tempadas na 2ªB: 0 Tempadas na 3ª: 12 Posto na clasificación histórica da Primeira División: 17º Máis partidos disputados (1ª División): Castañeda (349) Bustingorri (314) Patxi Puñal (264). Máis minutos (1ª División) Castañeda (30.090) Bustingorri (26.702) Pepín (21.829). Máis goles (1ª División) Sabino Andonegi (57) Jan Urban (45) Echeverría (36). Expulsado máis veces (1ª División): Rípodas (6), Echeverría (4), Moha (4). Maiores goleadas conseguidas (1ª División): Na casa: Osasuna 6-0 Betis (1936/1937) Fóra: Betis 0-5 Osasuna (2006/07) Maiores goleadas encaixadas (1ª División): Na casa: Osasuna 1-8 Athletic (1958/59) Fóra: R. Madrid 8-0 Osasuna (1958/59) 4 participacións na Copa da UEFA (85/86, 91/92, 05/06 e 06/07) 1 participación na Liga de Campións da UEFA (06/07) Mellor club do mundo do mes de decembro de 2006, segundo a IFFHS.

Xogadores Cadro actual Actualizado a 20 de febreiro de 2020.

12px|Capitán = Capitán. Os xogadores con dorsais a partir do 25 poden alternar o primeiro equipo co filial. Os equipos españois están limitados a ter no equipo un máximo de tres xogadores sen pasaporte da Unión Europea. A lista inclúe só a principal nacionalidade de cada xogador; algúns dos xogadores non europeos teñen dobre nacionalidade dalgún país da UE.

Palmarés Torneos nacionais Subcampión da Copa do Rei (1): 2004−05

Outros torneos nacionais Segunda División (4): 1952−53, 1955−56, 1960−61, 2018−19 Terceira División (4): 1968−69, 1971−72, 1974−75, 1976−77

Torneos amigábeis Trofeo Reyno de Navarra (21): 1969, 1978, 1980, 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1995, 1998, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 Trofeo Festa d'Elx (1): 2000 Trofeo Lasesarre (1): 2008 Triangular Benéfico Sport Mundi (1): 2009 Trofeo Nueva Condomina (1): 2009

Osasuna B

O Club Atlético Osasuna B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1962 e xoga na Segunda división B española (Grupo III). Tamén se lle coñece como "Osasuna Promesas".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial