As Igrexas pintadas na rexión de Troödos (grego Τοιχογραφημένοι ναοί στην περιοχή του όρους Τρόοδος transliteracion Toichografiménoi naoí tío é un Patrimonio da Humanidade da UNESCO nos Montes Troödos do centro de Chipre. O complexo comprende dez igrexas bizantinas e mosteiros ricamente decorados con murais bizantinos e posbizantinos:
Nº de identificación Igrexas Localización Área protexida Notas Vista exterior Vista interior 351-001 Agios Nikolaos tis Stegis Kakopetria() 2,7548 ha Comezada a principios do século XI, posteriormente ampliada e con teito tipo celeiro. 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-002 Agios Ioannis Lampadistis Kalopanagiotis() 0,1951 ha Parte dun mosteiro agora demolido, que comprende tres igrexas unidas baixo un tellado común de tellas 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-003 Panagia tis Asinou(Panagia Phorviotissa) Nikitari() 0,1154 ha Comezo da construción 1105/1106 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-004 Panagia tou Arakos Lagoudera() 0,4370 ha Igrexa de finais do século XII con frescos de 1192 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-005 Panagia tou Moutoulla Moutoullas() 0,0353 ha contén pinturas murais gravemente danadas de 1280 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-006 Archangelos Michail Pedoulas() 0,0283 ha segundo a inscrición de 1474 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-007 Timios Stavros Pelendri() 0,0533 ha orixinalmente unha igrexa dunha soa nave no século XIII, con naves norte e sur engadidas posteriormente 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-008 Panagia tis Podithou Galata() 0,0212 ha Construída en 1502 como parte dun mosteiro agora desaparecido 130x130px|centrado 130x130px|centrado Panagia Theotokos Gálata() tamén chamada Arcanxo Miguel 130x130px|centrado 130x130px|centrado 351-009 Timios Stavros tou Agiasmati Platanistasa() 0,0184 ha Pinturas de finais do século XV 130x130px|centrado 130x130px|zentriert 351-010 Metamorfosis tou Sotiros(Agia Sotira) Palechori() 0,0342 ha Edificio de principios do século XVI, un dos ciclos de frescos posbizantinos máis perfectos Engadido como ampliación en 2001 130x130px|centrado
Inicialmente, nove destas igrexas designounas a UNESCO en 1985, e a igrexa de Palaichori engadiuse á lista en 2001. A igrexa de Panagia Chrysokourdaliotissa en Kourdali, Spilia, presentouse como unha posible ampliación adicional en 2002 e actualmente atópase na Lista provisional.
Descrición
No ano 965 d.C., Chipre foi anexionada polo Imperio bizantino nas guerras árabe-bizantinas. Durante un período de 500 anos ata o século XVI, construíronse moitas igrexas bizantinas na rexión de Troödos. De feito, esta rexión posúe unha das maiores concentracións de mosteiros e igrexas do antigo Imperio Bizantino. O Patrimonio da Humanidade inclúe unha variedade de igrexas, que van desde pequenas capelas ata grandes mosteiros. Estes sitios demostran a gama de influencias arquitectónicas e artísticas que afectaron a Chipre durante todo o reinado bizantino. Non obstante, todos os sitios mostran algúns elementos arquitectónicos exclusivos de Chipre, incluíndo tellados de madeira con tellas pronunciadas.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Chipre
Ligazóns externas Explore the UNESCO Listed Painted Churches in the Troodos Region in 3D. The IH-AT platform
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Chipre