Láncara é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 2.789 habitantes (3.047 no 2006, 3.091 no 2005, 3.136 no 2004, 3.146 no 2003). O xentilicio é «».

Demografía

Censo total 2.789 (2014) Menores de 15 anos 196 (7.03 %) Entre 15 e 64 anos 1.627 (58.34 %) Maiores de 65 anos 966 (34.64 %)

Familia Castro esquerda|miniatura|Placa que lembra a casa onde naceu o pai de Fidel Castro. De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra"Las 48 horas de Fidel Castro en Galicia: Pulpo, dominó y «Patria o muerte»", artigo en La Voz de Galicia, 28 de xullo de 2017 ..

Política En outubro do ano 2009 o PPdeG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía ao gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.

Deporte A Pobra de San Xiao tivo un equipo de fútbol sala, o ED Láncara, máis coñecido polo nome dos seus patrocinadores Muebles Caloto e Barcel Euro. Entre 2004 e 2006 xogou na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español.

Galería de imaxes

Lugares de Láncara Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares de Láncara.

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Categoría:Láncara