David Porter, nado o 1 de febreiro de 1780 – finado o 3 de marzo de 1843, foi un oficial naval e diplomático estadounidense. Porter mandou varios barcos da Mariña dos Estados Unidos. Prestou servizo na primeira guerra de Berbería, na guerra anglo-estadounidense de 1812 e nas Indias Occidentais. Durante a guerra de 1812, Porter capitaneaba o buque Essex, e orixinou o lema estadounidense "Libre comercio e dereitos dos mariñeiros".Gilje, Paul A. Free Trade and Sailors' Rights in the War of 1812, Cambridge, Cambridge University Press, 2013, , p. 1. Cando en 1822 Porter fixo unha incursión en territorio español non autorizada, foi sometido a unha corte marcial e dimitiu do seu cargo. Despois, Porter uniuse á Mariña Mexicana e chegou a ser comandante en xefe.

O Condado de Porter, Indiana chámase así na súa honra.

Primeira etapa da vida Nacido en Boston, Massachusetts, Porter serviu na Case-guerra dos Estados Unidos contra Francia, primeiro como gardamariña a bordo do barco Constellation, participando na captura de L'Insurgente o 9 de febreiro de 1799; despois como tenente primeiro do barco Experiment; e, finalmente, estivo ao mando do Amphitheatre. Durante a primeira guerra de Berbería (1801–1807), Porter foi o tenente primeiro dos barcos Enterprise, Nova York e Philadelphia, e fixérono prisioneiro cando este último barco embarrancou no porto de Trípoli o 31 de outubro de 1803. Despois da súa liberación o 3 de xuño de 1805, permaneceu no Mediterráneo como capitán interino do barco Constitution e posteriormente como capitán do Enterprise.Long (1970), p. 32

Carreira militar inicial miniatura|esuerda|Casa de Porter (Lloyd) Porter casou con Evalina Anderson coa que tivo dez fillos que sobrevivisen, seis nenos e catro nenas.Long (1970), p. 39 Un deles foi David Dixon Porter, que chegou a ser almirante na Mariña dos Estados Unidos. Porter mercou unha gran casa que construíra o xuíz e político David Lloyd en Chester, Pensilvania. Fíxolle moitas ampliacións, e a casa acabou coñecéndose e como Porter House. Foi destruída por unha explosión en 1882.

O pai de Porter, David Porter sénior, coñeceu e fíxose amigo doutro veterano da mariña da guerra da Revolución Americana, George Farragut, da illa de Menorca (Baleares).Jordi Antoni Magí Ferragut i Mesquida, nativo de Menorca, illa que entón estaba en poder do Reino Unido, cambiou o seu nome catalán de Jordi a George cando emigrou ao Novo Mundo. Ver Duffy, Lincoln's Admiral, p. 3 Ao final da primavera de 1808, David sénior sufriu unha insolación, e Farragut levouno á súa casa, onde a súa esposa Elizabeth coidou del. Como xa estaba debilitado por padecer tuberculose, morreu o 22 de xuño de 1808. Elizabeth Farragut morreu de febre amarela ese mesmo día. Orfos de nai, os fillos de Farragut tiveron que ir vivir con amigos e parentes.Long (1970), p. 41

Mentres estaba visitando Farragut e a súa familia pouco despois para expresar o seu agradecemento polos coidados que lle deron ao seu pai e as condolencias pola perda da súa esposa, o Comodoro Porter ofreceuse a acoller na súa casa o fillo de Farragut de 8 anos James Glasgow Farragut. O pequeno James estivo de acordo inmediatamente. En 1809 trasladouse con Porter a Washington, onde coñeceu o Secretario da Mariña Paul Hamilton e expresou o seu desexo de ser nomeado gardamariña. Hamilton prometeu que se faría o nomeamento axiña que chegase aos dez anos de idade; como así sería; o nomeamento chegou o 17 de decembro de 1810, seis meses antes de que o neno chegase aos dez anos. Cando James foi ao mar pouco despois co seu pai adoptivo, cambiou o seu nome de James a David, e é lembrado co nome David Glasgow Farragut.Duffy, Lincoln's Admiral, pp. 3–6.

Case-guerra Porter serviu na chamada case-guerra dos Estados Unidos contra Francia. Foi nomeado gardamariña o 16 de abril de 1798. Destinárono ao buque Constellation baixo o mando de John Rodgers, e entrou en acción na batalla contra L'Insurgente, destacando por salvar o mastro ao cortar os cabos cando este foi danado. Foi despois seleccionado como un dos doce homes destinados para a toma de posesión de L'Insurgente unha vez que os estadounidenses o capturaron. Ascendérono a tenente o 8 de outubro de 1799. Como tenente serviu como segundo ao mando da goleta Experiment durante a acción do 1 de xaneiro de 1800, na cal recibiu un tiro no brazo.Long (1970), p. 13

Primeira guerra de Berbería En abril de 1802, foi destinado ao barco Chesapeake. Foi ascendido a comandante mestre (master commandant, rango que xa non existe na Mariña dos Estados Unidos, que equivalía a capitán dun barco pequeno) o 22 de abril de 1806.

Estación de Nova Orleáns e telegrafía Estivo ao mando das forzas navais na estación da mariña de Nova Orleans de 1808 a 1810.Long (1970) pp.36-56 Durante o seu exercicio en Nova Orleans, estableceu unha rede de telegrafía óptica, inspirado pola que se estableceu en Francia, que os británicos copiaron.

Guerra de 1812 miniatura|Pintura de da batalla de Valparaíso. Cando estalou a guerra anglo-estadounidense de 1812, Porter foi ascendido a capitán o 2 de xullo de 1812, e foi destinado como comandante do Essex. Saíu do porto de Nova York cun estandarte que proclamaba "Libre comercio e dereitos dos mariñeiros" que ondeaba no xoanete de proa. O 13 de agosto de 1812, Porter capturou o veleiro da Mariña Real británica HMS Alert, así como varios buques mercantes británicos.Long (1970), pp. 65-68, 69, 97

En febreiro de 1813 navegou co Essex cruzando o Cabo de Hornos e entrou no Pacífico, atacando a baleeiros británicos. A primeira acción de Porter no Pacífico foi a captura do buque mercante peruano Nereyda, liberando aos mariñeiros baleeiros que estaban a bordo. No ano seguinte, Porter capturou 12 buques baleeiros británicos e 360 mariñeiros. En xuño de 1813, Porter liberou os seus prisioneiros, coa condición de que non loitasen contra os Estados Unidos ata que fosen intercambiados por prisioneiros de guerra estadounidenses. A táctica usual de Porter era izar a bandeira británica para disipar as sospeitas dos baleeiros, e despois, unha vez que o invitaban a bordo, revelaba a súa verdadeira lealdade e propósito e tomaba o control do barco.

Porter e a súa frota pasaron de outubro a decembro de 1813 descansando e reagrupándose nas illas Marquesas, que reclamou en nome dos Estados Unidos renomeándoas como illas Madison, en honor do presidente James Madison. O 28 de marzo de 1814, Porter encontrouse coa fragata inglesa HMS Phoebe e o veleiro tipo sloop HMS Cherub e produciuse a batalla de Valparaíso. Porter rendeuse ao capitán británico James Hillyar despois de que o seu barco quedase moi danado como para poder seguir ofrecendo resistencia.

Porter e a tripulación supervivente puideron saír de novo ao mar o 27 de abril de 1814.Long (1970), p. 164 O 6 de xullo, Porter desembrcou en Babylon, Long Island.

A Porter prometéronlle o mando dunha fragata de 44 canóns que se estaba construíndo, orixinalmente chamada Columbia, despois renomeada Essex. Antes de que estivese completa, foi destruída durante a queima de Washington realizada polos británicos.Long (1970), p. 169 En outubro, foi nomeado comandante do Fulton, unha fragata a vapor en construción en Nova York. Con pouco que facer mentres esperaba a que acabasen o barco, a metade de outubro el propuxo xuntar un escuadrón de goletas, para operar desde os portos do sur e interromper a navegación británica nas Indias Occidentais. Déronlle o permiso para facelo. En decembro tiña tres barcos. A principios de febreiro de 1815, informou ao secretario da Mariña que se produciran varios factores que dificultaron o seu progreso. O proxecto pasou a ser irrelevante unha vez que se ratificou o tratado de paz o 18 de febreiro de 1815.Long (1970), p. 171-172

Indias Occidentais De 1815 a 1822, foi membro do Oficina de Comisionados Navais pero renunciou a este posto para comandar a expedición para suprimir a pirataría nas Indias Occidentais (1823–1825). Mentres estaba nas Indias Occidentais tratando de acabar cos piratas, Porter invadiu a cidade de Fajardo, Porto Rico (que entón era colonia española) para vingar o encarceramento dun oficial da súa frota. O goberno dos Estados Unidos non ordenara a acción de Porter, e por iso foi sometido a unha corte marcial ao seu regreso aos Estados Unidos. Porter dimitiu da Mariña dos Estados Unidos o 18 de agosto de 1826, e, pouco despois, foi nomedo comandante en xefe da Mariña Mexicana. Seguiu nese posto desde 1826 a 1829.

Etapa final da vida e morte miniatura|O monumento do comodoro David Porter no Cemiterio de Woodlands.

Deixou a Mariña Mexicana en 1829Long (1970), p. 282 e foi nomeado ministro (representante) dos Estados Unidos para os Estados bérberes.Long (1970), p. 287

O presidente Andrew Jackson nomeouno encargado de negocios para o Imperio Otomán en 1831 e foi promovido a ministro residente en 1840.Long (1970), p. 293

Morreu o 3 de marzo de 1843 e Constantinopla, Imperio Otomán, mentres servía como ministro residente. Sepultárono no cemiterio do Asilo Naval de Filadelfia, e despois en 1845 trasladaron os seus restos en ao Cemiterio de Woodlands en Filadelfia, Pensilvania.Long (1970), p. 317

Rangos militares Gardamariña - 16 de abril d 1798 Tenente - 8 de outubro de 1799 Mestre comandante - 22 de abril de 1806 Capitán - 2 de xullo de 1812 Dimitiu - 18 de agosto de 1826

Na cultura popular O personaxe de Porter foi representado por Jeff Chandler na película Yankee Buccaneer (1952).

Legado Varios barcos da Mariña dos Estados Unidos recibiron o nome de Porter na súa lembranza. A cidade de Porter e o Condado de Porter no noroeste de Indiana teñen ese nome por David Porter. En 1836 a sede do condado de Porter, Indiana foi inicialmente chamada Portersville, no seu honor, pero despois cambiáronlle o nome a Valparaiso en 1837, deominada así pola participación de Porter no combate naval preto de Valparaíso, Chile durante a guerra anglo-estadounidense de 1812.Baker, Ronald L.; Marvin Carmony (1995). Indiana Place Names. Bloomington: Indiana University Press. p. 170. Durante os seus periplos polo Pacífico, Porter visitou as illas Galápagos, onde recollía tartarugas para almacenalas no barco como alimento e foi o primeiro en escribir sobre as diferenzas entre as tartarugas das illas na década de 1810. Por esta razón, o zoólogo Lionel Walter Rothschild nomeou en honor a Porter unha das espcies tartarugas como Testudo porteri, hoxe considerada subespecie e denominada Chelonoidis niger porteri.Elizabeth Hennessy. Saving Species: The Co-Evolution of Tortoise Taxonomy and Conservation in the Galápagos Islands. Enviromental History. Volume 25, número 2. The University of Chicago press journals.Günther A (1875) Description of the living and extinct races of gigantic land-tortoises. Philosophical Transactions of the Royal Society B 165: 251–284.Reptiles of Ecuador. Santa Cruz Giant-Tortoise

Notas

Véxase tamén Bibliografía Daughan, George C. The Shining Sea: David Porter and the Epic Voyage of the U.S.S. Essex during the War of 1812 (Basic Books; 2013) Porter, David D. Memoir of Commodore David Porter of the United States Navy (Albany, N.Y.: J. Munsell, 1875) Turnbull, Archibald Douglas. Commodore David Porter, 1780- 1843 (New York and London: Century, 1929)

Ligazóns externas Imaxe e biografía da historia naval & legdo de mando, Washington, D.C. Journal of a Cruise Made to the Pacific Ocean de David Porter, 1822 A Voyage in the South Seas, in the Years 1812, 1813, and 1814 de David Porter, 1823 Xefes de misión en Turquía na Office of the Historian

Categoría:Nados en 1780 Categoría:Finados en 1843 Categoría:Diplomáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Oficiais da Mariña dos Estados Unidos de América