Mircea Cărtărescu, nado en Bucarest o 1 de xuño de 1956, é un novelista, poeta, crítico literario e ensaísta romanés.

Traxectoria Nado en Bucarest en 1956, estudou no Cantemir Vodă National College a comezos da década de 1970. Durante os seus estudos, foi membro dos grupos literarios dirixidos por Nicolae Manolescu e Ovid S. Crohmălniceanu. Como moitos adolescentes da súa xeración, recibiu a influencia da contracultura estadounidense dos sesenta, entre os que se inclúen músicos coma Bob Dylan, Jimi Hendrix ou The Doors. As súas primeiras poesías datan de 1978.

Posteriormente, ingresou na Universidade de Bucarest para estudar Lingua e Literatura Romanesas. Graduouse en 1980 cunha tese que se convertería no seu primeiro estudo sobre poesía, Visul chimeric (en ). Ese mesmo ano, algúns dos seus traballos publicáronse na editorial Cartea Românească.

Entre 1980 e 1989 foi profesor de lingua romanesa, e logo traballou para a Unión de Escritores de Romanía e como editor da revista Caiete Critice. En 1991 foi nomeado docente da cátedra de Historia da Literatura Romanesa na súa alma máter. A data de 2010 continúa a traballar alí. Entre 1994 e 1995 foi profesor visitante da Universidade de Amsterdam, e tamén o foi da de Stuttgart. En 2012 recibiu o International Literature Award pola súa novela Corpul (en ).

Cărtărescu está casado coa poeta Ioana Nicolaie, coa que tivo un fillo.

Obra

Poesía

Faruri, vitrine, fotografii..., Cartea Românească, 1980 – Writers Union Prize for debut, 1980 Poeme de amor , Cartea Românească, 1982 Totul , Cartea Românească, 1984 Levantul , Cartea Românească, 1990 – Writers Union Prize, 1990, Humanitas en1998 Dragostea, Humanitas, 1994 50 de sonete de Mircea Cărtărescu cu cincizeci de desene de Tudor Jebeleanu , Brumar 2003 Nimic, Poeme (1988–1992) , Humanitas, 2010 Nu striga niciodată ajutor, Humanitas, 2020

Narrativa

Desant '83 (1983). Cartea Românească. Visul (1989). Cartea Românească. Nostalgia (1993). Humanitas. Travesti (1994). Humanitas. Orbitor, vol. 1, Aripa stângă (1996). Humanitas . Jurnal (2001). Humanitas. Orbitor, vol. 2, Corpul (2002). Humanitas. Enciclopedia zmeilor (2002). Humanitas. De ce iubim femeile (2004). Humanitas. Jurnal II, 1997–2003 (Humanitas, 2005). Diary II, 1997–2003 Orbitor, vol. 3, Aripa dreaptă (2007). Humanitas. Frumoasele străine (2010). Humanitas. Zen, Jurnal 2004-2010 (2011). Humanitas. Solenoid (2015). Humanitas. Un om care scrie, Jurnal 2011-2017 (2018). Humanitas. Melancolia (2019). Humanitas. Theodoros (2022). Humanitas.

Ensaio

Visul chimeric (subteranele poeziei eminesciene) (1991). Litera. Postmodernismul românesc (1999). Humanitas, Tese. Pururi tânăr, înfășurat în pixeli (2003). Humanitas. Baroane! (2005). Humanitas. Ochiul căprui al dragostei noastre (2012). Humanitas. Peisaj după isterie (2017). Humanitas Creionul de tâmplărie (2020), Humanitas. Texistența (2026). Humanitas.

Traducida ao galego

O ruletista (2026). Allariz: Aira Editorial. Ilustracións de Ramón Trigo. Tradución de Inés Mosquera Calvo e Fabio Rivas. .

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de Bucarest Categoría:Alumnos da Universidade de Bucarest Categoría:Nados en 1956 Categoría:Escritores en lingua romanesa Categoría:Escritores de Romanía Categoría:Nados en Bucarest