miniatura|Obra de Venancio Blanco no Museo de Escultura ao Aire Libre de Alcalá de Henares Venancio Blanco, nado en Matilla de los Caños del Río o 13 de marzo de 1923 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 2018, foi un escultor español.
Traxectoria Tras completar os seus estudos en Madrid, foi profesor de Modelaxe na Escola de Artes e Oficios da cidade dende os anos sesenta. En 1975 nomeárono Académico de Número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En 1981 traballa como director da Academia Española de Belas Artes en Roma e, en 1986, ingresa como Membro Correspondente da Pontificia Insigne Academia Artística dei Virtuosi al Pantheom.
A súa obra atópase dispersa en museos nacionais e internacionais, coma os Museos Vaticanos, o Museo Exipcio do Cairo, o Museo Real de Belas Artes de Anveres, o Museo de Salamanca, o Museo de Escultura ao Aire Libre de Alcalá de Henares, a Catedral da Almudena de Madrid ou o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.
En Salamanca pódese contemplar unha variada escolla das súas pezas, tanto no Museo de Belas Artes como na Sala de Exposicións de Santo Domingo da Cruz, onde hai unha colección permanente da súa arte. Ademais, algunhas das súas principais esculturas están nesta cidade, coma os monumentos a Vaquero Charro (na praza de España), a Gerardo Gombáu (na praza de San Xulián), a Francisco de Asís (no campo de San Francisco) ou o medallón aos reis Xoán Carlos I e Sofía de Grecia (na praza Maior).
O artista finou no seu domicilio madrileño na madrugada do 22 de febreiro de 2018 debido a un paro cardíaco. Foi soterrado no Cemiterio da Almudena. Antes de falecer, díxolle ao seu fillo:
alt=|miniatura|Sede da Fundación Venancio Blanco en Salamanca. Para dar continuidade á obra e personalidade do escultor salmantino, creouse a Fundación Venancio Blanco.
Recoñecementos Premio Nacional de Escultura (1959) Segunda Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes (1960) Primeira Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes (1962) Gran Premio de Escultura ao Aire Libre da Fundación Rodríguez Acosta Gran Premio da V Bienal de Alexandría (1963) Medalla de Ouro da IV Bienal Internacional de Arte Sacro, en Salzburgo (1964) Primeiro Premio de Escultura da Exposición de Valdepeñas. Medalla de Ouro na X Exposición d'“As Artes en Europa”, Bruxelas (1965) Premio na VI Bienal d'“O Deporte nas Belas Artes" (1977) Premio Castela e León das Artes (2001) Medalla de Ouro de Salamanca (2015)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ateneo de Madrid (1959): Estudio sobre a escultura de Venancio Blanco Venancio Blanco (Internet Archive)
Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Escultores de Castela e León