Bernardino de Sahagún, nado en Sahagún contra 1499 e finado en Tlatelolco o 5 de febreiro de 1590, foi un misioneiro franciscano, etnógrafo e historiador, recoñecido como un pioneiro da antropoloxía. Escribiu obras en náhuatl, latín e castelán. Foi o primeiro en deixar rexistro escrito da fluorescencia, que coñeceu a través dos curandeiros aztecas, no coñecido como Códice Florentino.

Entre as súas obras destaca a Historia general de las cosas de la Nueva España, composta de doce libros, unha peza senlleira da etnografía. Trátase dun dos documentos máis valiosos para a reconstrución da historia e a cultura do México anterior á conquista. A xuízo de Xerónimo de Mendieta, Sahagún foi o maior experto na lingua náhuatl.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Sahagún Categoría:Lingüistas da lingua náhuatl Categoría:Escritores en lingua náhuatl Categoría:Nados en 1499 Categoría:Finados en 1590