Manuel "Manu" Sánchez de la Peña, nado en Madrid o 24 de agosto de 2000, é un futbolista madrileño que xoga na posición de lateral esquerdo. Na tempada 2025/26 xoga no Levante Unión Deportiva da Primeira División, cedido polo Celta de Vigo.
Traxectoria
Atlético de Madrid Tras comezar a súa formación deportiva na Unió Esportiva Cornellà, en 2014 ingresou nas categorías inferiores do Atlético de Madrid. O seu debut sénior co equipo filial tivo lugar o 30 de marzo de 2019, cando foi titular nun partido contra o Salamanca CF UDS da Segunda División B.
O 30 de agosto de 2019 renovou contrato co club madrileño até 2023. O debut de Sánchez no primeiro equipo e na Primeira División ocorreu o 14 de decembro dese ano, nun encontro perante o Club Atlético Osasuna.
O 7 de setembro de 2020 ampliou a súa vinculación co Atlético até 2025.
Cesión ao Osasuna O 11 de xaneiro de 2021 foi cedido ao Osasuna, tamén na máxima categoría, para xogar o resto da tempada 2020/21. O 17 de agosto dese ano asinou un novo contrato de cesión para a campaña 2021/22. O 27 de xullo de 2022 renovou a súa vinculación temporal co Osasuna.
Celta de Vigo O 3 de xullo de 2023 anunciouse a fichaxe de Sánchez polo Celta de Vigo da Primeira División cun contrato por cinco anos.
Cesión ao Alavés O 23 de xullo de 2024 foi cedido ao Deportivo Alavés da Primeira División para a tempada 2024/25.
Cesión ao Levante O 25 de xullo de 2025 fíxose oficial a cesión de Manu Sánchez ao Levante Unión Deportiva, que viña de ascender na tempada 2024/25 á máxima categoría.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Manu Sánchez en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Levante UD