Chelonoidis niger vandenburghi é unha subespecie da tartaruga das Galápagos endémica da illa Isabela do arquipélago das Galápagos na zona do volcán Alcedo. Nalgúnhas clasificacións tratouse como especie co nome Chelonoidis vandenburghi. O epíteto do seu nome científico, vandenburghi, fai honor ao herpetólogo estadounidense John Van Denburgh.
Taxonomía Esta tartaruga é unha subespecie de Chelonoidis niger e ás veces foi considerada unha especie de seu.
Polo menos unha autoridade suxeriu fusionar esta subespecie con C. n. vicina, C. n. microphyes e C. n. guentheri como tartaruga de Isabela do sur (C. n. vicina), atribuíndo as diferenzas morfolóxicas a variacións xeográficas.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85
Descrición Os machos crecen ata os 129 cm de lonxitude e as femias aos 90 cm, e teñen coirazas abovedadas.
Comportamento Pasan a maior parte do día alimentándose, decansando ou congregándose en pozas de lama. Dormen a ceo aberto de noite. Os adultos migran estacionalmente, viaxando ao longo do bordo da caldeira volcánica e descenden ás ladeiras máis baixas para comer a vexetación que crece despois das chuvias da estación húmida.
Alimentación Comen herbas, follas, plantas herbáceas, xuncos, froitas e liques, obtendo a auga da súa dieta e das pozas de auga de chuvia.
Reprodución Os machos compiten estirando o pescozo, abrindo a boca, mordendo e empurrando. Emiten sons guturais altos cando se aparean. As femias empezan a nidificar en maio e xuño ao final da esación húmida, facendo unha posta de 6–26 ovos no chan mol. As tartaruga novas tenden a permanecer en alturas máis baixas e máis cálidas ata os 10–15 anos de vida.
Distribución e hábitat
A distribución destas tartarugas está limitada a unha área de 476 km2 na zona do volcán Alcedo na parte central da illa Isabela. Alí habita en bosques caducos e perennes e en pradarías húmidas.
Conservación A poboación destas tartarugas estímase nuns 6300 exemplares, o que supón un declive do 84 % desde 1840, e a subespecie considérase vulnerable. A tartaruga anteriormente sufriu pola predación e pisado dos ovos e crías, así como pola degradación do hábitat, por causa de animais introducidos, como porcos, burros e cabras. As erupcións volcánicas tamén afectaron as tartarugas e o seu hábitat, cunha grande erupción do Alcedo hai 100.000 anos que puido ser a causa da baixa diversidade xenética da subespecie.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos
Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1930