Claudio Tizón Vázquez, nado no Carballiño o 1 de xaneiro de 1909, e finado no Castelo de Hartheim o 2 de febreiro de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. En moitos documentos aparece, erroneamente, como nacido en Pontevedra en 1913. Sabemos a súa historia grazas á investigadora da Memoria María Torres.
Traxectoria borda|esquerda|miniatura|Rexistro de Claudio Tizón en Mauthausen Claudio Tizón foi acollido no Refuxio do Patronato de Caridade da Coruña. En 1927 denunciou a Salvador Fariña Torreiro, de 23 anos, por terlle roubado unha camisa, un par de zapatos e tres panos de bolso por valor de 20 pesetas. miniatura|Aviso de deceso remitido a súa compañeira Adela Cuesta Tiña un irmán, Adolfo, nado en 1916, que despois de verse obrigado a incorporarse ao Bando nacional, escapou cara as posicións republicanas en marzo de 1937.
Non temos datos do periplo de Claudio durante a guerra civil. Unha vez exiliado en Francia, foi detido polo exército alemán e confinado no stalag XVIII-A de Kaisersteinbrucht, coa matrícula 80348.
Ingresou en Mauthausen o 7 de abril de 1941, co número 4997. Foi rexistrado como solteiro, fogueiro de profesión e deixou como persoa de contacto a súa noiva, Adela Cuesta Ruiz, que residía en Comillas, Cantabria. Consta que pasou pola enfermaría do campo o 20 de outubro de 1941 para ser sometido a unha operación.
O 30 de xaneiro de 1942 foi trasladado ao Castelo de Hartheim, onde foi asasinado. Claudio foi un dos 449 españois exterminados neste sinistro lugar, onde se acabou coa vida de miles de persoas, moitas delas enfermas e non aptas para traballar. Rexistrouse a súa morte ás 5 do 2 de febreiro de 1942.
O 6 de xaneiro de 1951 as autoridades francesas enviaron o comunicado oficial de deceso ao domicilio de Adela Cuesta Ruiz.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa