La ley del deseo é un filme español de 1987 de comedia e suspense escrito e dirixido por Pedro Almodóvar. Está protagonizada por Eusebio Poncela como Pablo, Carmen Maura como Tina e Antonio Banderas como Antonio, e foi o primeiro filme que Almodóvar realizou de maneira independente coa súa propia produtora El Deseo.
Sinopse A historia céntrase nun complexo triángulo amoroso entre tres homes. Pablo, un exitoso director de cinema gai, decepcionado coa súa relación co seu mozo amante, Juan, concéntrase nun novo proxecto, un monólogo protagonizado pola súa irmá transxénero, Tina. Antonio, un mozo teimudo, namórase posesivamente do director e, na súa paixón, non se deterá ante nada para obter o obxecto do seu desexo.
Personaxes Eusebio Poncela como Pablo Quintero Carmen Maura como Tina Quintero Antonio Banderas como Antonio Benítez Miguel Molina como Juan Manuela Velasco como Ada Bibi Andersen como nai de Ada Fernando Guillén Gallego como o inspector Fernando Guillén Cuervo como o detective Helga Liné como nai de Antonio Nacho Martínez como o doutor Germán Cobos como padre Constantino Rossy de Palma como presentadora de televisión
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes con banda sonora de Bernardo Bonezzi Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Andalucía Categoría:Filmes sobre irmáns