Psidium oligospermumJohn C. Kricher (2006) Galápagos: A Natural History p. 34 é unha pequena árbore ou arbusto nativo da América tropical, que se pode encontrar desde México, ás illas de Revillagigedo, América Central, Cuba, Porto Rico as illas de Barlovento, as illas Galápagos, e en América do Sur ata o centro do Brasil e o noroeste da Arxentina.

Descrición P. oligospermum pode crecer como unha árbore pequena ou como un arbusto e medra ata os 8 m de altura e 1 m de diámetro, de casca lisa gris rosácea. As pólas da árbore espándense atinxindo grande anchura con pequenas ramiñas con puntos grises con pelos ou tricomas de cor avemellada a branca ou amarelada. As ramiñas tenden a facerse máis lisas nos bordos e a casca máis fibrosa, e as ramiñas terminais e follas están ás veces cubertas cunha escamosidade avermellada.Duncan M. Porter (1968) Annals of the Missouri Botanical Garden: Psidium (Myrtaceae) in the Galapagos Islands Vol. 55, No. 3, p. 368-371

As súas follas son opostas e de elípticas a ovadas, con ápices de agudos a mucronados. A base da folla é estreitamente cuneada e decorrente no pecíolo da folla. Toda a folla é glabra (sen pelos) e en xeral máis escura na cara superior que no envés. As follas son xeralmente de 21-54 mm de longo e de 9-26 mm de largo, e os pecíolos son xeralmente de 1-3 mm de longo.

As xemas de P. oligospermum teñen forma de pera e están conectadas pola base ás ramiñas, estendéndose uns 1-1,5 mm. A xema é glabra excepto nun diminuto buraco no ápice cuns poucos tricomas que saen fóra e miden 4-5 mm.

As flores son brancas, aparecen nas pólas acabadas de crecer, e son relativamente pequenas, de 1-1,5 cm en diámetro. As bagas que se forman son esféricas e glabras excepto nas engurras creadas polas glándulas nas bagas. As bagas son amarelas cando están maduras e vólvense negras ou marróns avermelladas cando secan. Son de 6-13 mm de diámetro e o pericarpo ou parede da baga é dun mm de grosor. As sementes son angulares, escuras e de 5 mm de longo, e cada lóculo contén varias.

Hábitat e ecoloxía Nas illas Galápagos o P. oligspermum atópase na illass Fernandina, Isabela, Pinta, Santa Cruz e Santiago. Normalmente crece en terras baixas áridas e terras altas húmidas.Conley K. McMullen (1991) Flowering Plants of the Galápagos p. 83

Na illa Socorro das illas Revillagigedo é unha árbore de dosel nos bosques de Ilex socorroensis de maior altura, xunto con Ilex socorroensis, Guettarda insularis e Sideroxylon socorrense.Ricardo Rodriguez-Estrella, Eustolia Mata, Laura Rivera, Ecological Notes on the Green Parakeet of Isla Socorro, Mexico, The Condor, Volume 94, Issue 2, 1 de maio de 1992, Pages 523–525, https://doi.org/10.2307/1369224

Usos As bagas de P. oligospermum son comestibles, e informouse que teñen un lixeiro sabor a trementina,Botanical label given by Ericsson (1947) e os ganso cómenas frecuentemente. A madeira das árbores utilízase localmente nas illas Galápagos para construír valados ou como material de construción, pero non é moi resistente nin duradeira.Julian Fitter, Daniel Fitter, David Hosking (2002) Wildlife of the Galápagos: Segunda edición

Notas

Categoría:Plantas descritas en 1828 Categoría:Myrtaceae