O Touro enmaromado (en ) é unha festa taurina popular, celebrada na vila de Benavente durante as festividades chamadas «Touros de Corda». A atracción principal é a corrida dos touros de lidia que percorre as rúas da vila.

O día grande celébrase o mércores anterior ao Corpus Christi, o que marca a semana na que se vai a celebrar a festa, pero esta empeza o luns.

Historia Hai evidencia de que se realizaba esta festa xa por 1434, pero non nas datas que se realizan agora.

En 1506, un pintor flamengo do séquito de Filipe o Fermoso, chamado Jacob van Laethem, retratou esta festa nun cadro chamado Corrida de touros en Benavente en honra de Filipe o Fermoso. miniatura|Corrida de touros en Benavente na honra de Filipe o Fermoso, por Jacob van Laethem (1506). Hai máis constancias ao longo dos anos pero non é ata 1692 que se documenta por primeira vez co nome co que se coñece hoxe en día: Festas do Toro Enmaromado, onde se menciona a un “boi maromado”.

Non é ata 1853 que o Concello se fai cargo enteiramente de sufragar o custo do touro enmaromado. En 1888, a Corporación Municipal acorda distribuír a carne do touro entre os pobres da vila, en lugar de poxala como era ata entón costume.

En 1908, tras o decreto do ministro La Cierva, prohíbese os festexos taurinos pola vía pública e non é ata o final da guerra civil, en 1939, que se recupera.

Na década dos anos 60 comeza a propagación desta festa, tanto a nivel provincial como nacional, a través da edición de folletos informativos e carteis.

O Touro Enmaromado foi declarado de Interese Turístico Rexional en 1991 e tamén como Festexo Taurino Tradicional en 2000 pola Xunta de Castela e León, con especial mención aos «Toritos do Alba», declarado Espectáculo Taurino Tradicional.

Orixe lendaria A lenda conta que unha condesa dos Pimentel, tras a morte do seu fillo polas hastas dun touro da súa gandería, mandou sacrificar o animal e ordenou que se doase todos os anos un exemplar desa familia taurina para enmaromalo e que así puidese percorrer as rúas da vila na véspera do Corpus Christi.

Peñas Peñas oficiais: Peña Badenes Peña Garrafon Peña El Toril Peña La Argolla Peña La Maroma Peña Los Compadres Peña Malgrat Peña Paridón Peña Popeye Peña Te ayudo yo valiente? Peña Trevinca Peña San Isidro

Polémica Asociacións e colectivos animalistas denunciaron estas celebracións por consideralas unha crueldade cara ao touro e unha forma de tortura cara aos animais, ademais de consideralas contrarias ao disposto na normativa dos festexos taurinos populares de Castela e León. En 2011, uns activistas organizaron unha manifestación de 30 persoas na Praza Maior de Benavente para esixir a eliminación do Touro Enmaromado. As asociacións e grupos taurinos amosaron o seu apoio á festa en diversas manifestacións. Máis de 4.000 persoas solicitaron que o Touro Enmaromado sexa declarado atracción turística nacional.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Festa do Boi

Categoría:Benavente Categoría:Festas de España