Comarum palustre (sinónimo Potentilla palustris)Streeter D, Hart-Davies C, Hardcastle A, Cole F, Harper L. 2009. Collins Flower Guide. Harper Collins BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Arquivado do orixinal (xls) o 2015-06-26. Consultado o 2014-10-17. é un subarbusto rizomatoso que vive a carón da auga. Ten unha distribución circumboreal e aparece na Asia temperada fría, Europa e América do Norte, especialmente nas rexións setentrionais. Atópase máis habitualmente en ribeiras de lagos, marxes de marismas e de ríos, a miúdo mergullada parcialmente con follaxe flotante. Está emparentada con algúns híbridos Fragaria–Comarum, plantas ornamentais producidas por cruzamentos cos amorodos.
Descrición
O talo é de verde a marrón avermellado, finamente veludo ao principio, que se estende por abaixo como unha enredadeira, con talos longos que se arrastran de 1,5 m de longo ou máis, que gabean sobre outras plantas e por veces atinxen unha altura de 45 cm, pero xeralmente menos.Blamey, M. & Grey-Wilson, C. 1989. Flora of Britain and Northern Europe. Os talos botan raíces doadamente na base e en partes máis altas sempre que teñan contacto coa terra ou a auga. As follas son verdes glaucas con de tres a sete (maiormente cinco) folíolos estreitos de 3–6 cm de longo con marxes rudamente dentados. As flores prodúcense en grupos soltos situados no extremo dos talos; varían de vermellas a púrpuras e teñen un diámetro de 20–30 mm. Teñen cinco (ocasionalmente seis) grandes sépalos e cinco (ás veces seis) pétalos máis escuros e máis pequenos, un anel de estames espatulados rodea o receptáculo. A floración prodúcese desde final da primavera ata o verán, desde finais de maio a xullo. O froito é como un pequeno amorodo seco.
Cultivo
Prefire solos turbosos pero pode tamén crecer en áreas areentas húmidas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Jepson Manual Treatment
Washington Burke Museum Comarum palustre na base de datos de fotos CalPhotos, Universidade de California, Berkeley Descrición de Wildflower.org.uk
Categoría:Rosales Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné