Harappa é un importante sitio arqueolóxico neolítico na provincia do Punjab, no nordeste de Paquistán. É un dos sitios que definen a civilización do val do Indo, tamén coñecida como a civilización de Harappa.

Está situado a 8 quilómetros ao sur da marxe esquerda do río Ravi (hai 3.000 anos, o río pasaría a poucos metros da cidade), a 35 quilómetros ao suroeste de Sahiwal, a 185 quilómetros ao suroeste de Lahore e a 1.000 quilómetros ao nordeste de Karachi (na costa do mar Arábigo).

A pequena cidade moderna de Harappa está construída a 7 quilómetros ao sueste das ruínas da antiga cidade fortificada. Cidade antiga A mediados do século XIX, as ruínas foron saqueadas, deixando atrás os impresionantes restos da cidade antiga. Entre 1872 e 1873, o forte foi escavado polo equipo arqueolóxico de Alexander Cunningham.

En 1920, o equipo de Rai Bahadur Daya Ram Shani comezou unha escavación máis profunda. O seu traballo e o dos seus contemporáneos, tanto en Harappa como na antiga cidade de Mohenjo-Daro permitiu que o mundo coñecese esta civilización esquecida.

Nas décadas de 1930 e 1940, outros arqueólogos continuaron a escavación, até que en 1946, Sir Mortimer Wheeler descubriu os restos da muralla da cidade.

Os arqueólogos cren que a antiga cidade de Harappa foi un asentamento urbano que dominaba a zona ao norte do río Indo.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Harappa. A antiga civilización do Indo

Categoría:Neolítico Categoría:Paquistán Categoría:Civilizacións