Rocío Quillahuaman Terrazas, nada en Lima en 1994, é unha ilustradora peruana aveciñada en Barcelona.
Traxectoria Rocío Quillahuaman Terrazas naceu en Lima, capital do Perú, en 1994. En 2005, con once anos de idade, migrou xunto á súa familia a Barcelona.
É licenciada en Comunicación audiovisual pola Universidade de Barcelona. Traballou en diversos sectores do mundo audiovisual dende que se graduou: produción audiovisual, redacción e edición de vídeo para diversas empresas de comunicación como PlayGround, Grupo Zeta e Gestmusic. Tamén realiza animacións humorísticas que publica a través da súa conta de Instagram, así como para a revista Yorokobu, o programa APM? e Amazon Prime Video. Ademais, colaborou con marcas como Primavera Sound, Nike, Filmin e outras.
En 2022 publicou Marrón, un libro autobiográfico onde narra o seu proceso migratorio e a súa paixón pola literatura. En 2024 foi residente na Academia de España en Roma, onde fixo a súa primeira curtametraxe de animación.
Obra publicada
Premios
En 2025, gañadora do terceiro premio do Festival de Cinema de Alcalá de Henares por "Puriykachay".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Peruanos en España Ligazóns externas Rocío Quillahuaman en Emocionario ilustrado (3Cat, 2025)
Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Artistas do Perú