Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda

A Lei da Moeda de 1849 foi unha lei do Congreso dos Estados Unidos aprobada durante a febre do ouro de California pola que autorizaba a Casa da Moeda dos Estados Unidos a producir dúas novas moedas de ouro en resposta ao aumento da oferta deste metal: o dólar de ouro pequeno e a gran moeda de vinte dólares, coñecida como "dobre aguia". A lei tamén definía as variacións permitidas na cuñaxe de moedas de ouro.

Proceso lexistaltivo O proxecto de lei 746 da Cámara de Representantes dos Estados Unidos foi presentado por James Iver McKay o 25 de xaneiro de 1849."Journal of the House of Representatives of the United States, 1848-1849 THURSDAY, January 25, 1849". Páxina 311. Congress.gov. O 20 de febreiro de 1849, o proxecto de lei foi informado polo Comité de Medios e Arbitrios desa mesma cámara e logo incluíuse na orde do día da Cámara para o seu debate. Finalmente, o proxecto de lei foi aprobado pola Cámara ese mesmo día e pasou á consideración do Senado."Journal of the House of Representatives of the United States, 1848-1849 THURSDAY, February 20, 1849". Páxina 478. Congress.gov.

O 3 de marzo de 1849, o proxecto de lei foi informado polo Comité de Facenda do Senado dos Estados Unidos, e esta cámara tomouno para debate. A súa aprobación polo Senado produciuse o propio 3 de marzo, con algunhas emendas, o que fixo que cumprise devolvelo á Cámara de Representantes para a súa consideración. A Cámara de Representantes aceptou as emendas e o proxecto de lei foi asinado como lei polo presidente James K. Polk."Journal of the Senate of the United States, 1848-1849 SATURDAY, March 3, 1849". Congress.gov. Páxina 310.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Allen, L. (2009). The Encyclopedia of Money. 2ª ed. ABC-CLIO, Santa Barbara. Páxinas 94-96. ISBN 978-1598842517 Breen, W. (1988). Walter Breen's Complete Encyclopedia of U.S. and Colonial Coins. Doubleday, Nova York. ISBN 978-0-385-14207-6 Bureau of the Mint (1904). Laws of the United States Relating to the Coinage. US Government Printing Office, Washington.

Véxase tamén

Lei da Moeda

Ligazóns externas

Publicación orixinal do texto da Lei da Moeda de 1849

Categoría:Leis Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América