Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular da China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comezou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportesComité Olímpico Internacional, Programme of the Games of the XXIX Olympiad, Pequín 2008 (4/08/2008) nas que, segundo estimacións, participaron uns 10 500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades da China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica.http://www.informador.com.mx/deportes/2008/27104/1/beijing-tendra-los-juegos-olimpicos-mas-caros-de-la-historia.htm Pequín terá os Xogos Olímpicos máis caros da historia 4/08/2008 A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promoveu os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.China's coming out party Toronto Star 8 de agosto de 2007 http://www.thestar.com/Sports/Olympics/article/242172

Proceso de candidatura Aínda que as candidaturas de París e Toronto eran mellores, o COI estaba interesado en que os Xogos se celebrasen na China, o país máis poboado do planeta. Esta decisión foi moi discutida polas violacións da China aos dereitos humanos. Para silenciar estas queixas, elixiuse como lema: Novo Pequín, Grandes Xogos para destacar o troco de ideais do país para o novo milenio. 112º Sesión do Comité Olímpico Internacional13 de xullo de 2001, Moscova, RusiaCidadePaísVotación20pxPequínChina445620pxTorontoCanadá202220pxParísFrancia151820pxIstanbulTurquía17920pxOsakaXapón6-

Sedes e instalacións deportivas miniatura|Mapa de localización dos recintos olímpicos en Pequín. miniatura|Estadio Nacional (chamado Niño de paxaro), sede principal dos Xogos Olímpicos miniatura|Centro Acuático Nacional de Pequín (chamado Cubo de auga). O Goberno chinés e o Comité Organizador dos Xogos construíron ou renovaron 36 recintos deportivos, así como 59 centros de adestramento.

En Pequín construíronse doce novas instalacións, entre as que sobresae o Estadio Nacional e o Centro Acuático. Dez instalacións existentes renováronse e acondicionáronse para a cita olímpica. Así mesmo erguéronse oito instalacións temporais, que ao final dos Xogos serán retiradas ou reconvertidas. Ademais contarase cun circuíto urbano para o maratón e as probas de marcha, e un circuíto tanto na cidade como nos arredores para as competicións de ciclismo en ruta.

Nas outras cidades sedes remodeláronse catro estadios, mellorouse o Centro Hípico de Hong Kong e acondicionouse o porto de Qingdao para as regatas de vela.

En Pequín

Construcións novas: Estadio Nacional – atletismo e fútbol. Centro Acuático Nacional – natación, saltos e natación sincronizada. Area de Wukesong - baloncesto. Pavillón de Tiro de Pequín – tiro de precisión. Campo de Tiro de Pequín – tiro ao prato. Ximnasio Nacional – ximnasia (artística e trampolín), balonmán. Velódromo de Laoshan – ciclismo de pista. Parque Olímpico de Remo-Piragüismo de Shunyi – remo e piragüismo (augas tranquilas e slálom). Ximnasio da Universidade de Agronomía da China – loita. Ximnasio da Universidade de Pequín – tenis de mesa. Ximnasio da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Pequín – judo e taekwondo. Ximnasio da Universidade Técnica de Pequín – bádminton e ximnasia rítmica.

Recintos existentes: Estadio do Centro Olímpico – fútbol e péntatlon moderno (carreira e hípica). Ximnasio do Centro Olímpico – balonmán. Estadio dos Traballadores – fútbol. Area dos Traballadores - boxeo. Pavillón Deportivo da Capital – voleibol. Estadio de Sóftbol de Fengtai – sóftbol. Piscina Ying Tung – wáter-polo e péntatlon moderno (natación). Pista de Ciclismo de Montaña de Laoshan – ciclismo de montaña. Ximnasio do Instituto Tecnolóxico – voleibol. Ximnasio da Universidade de Beihang – halterofilia.

Recintos temporais: Centro de Conferencias do Parque Olímpico – esgrima e péntatlon moderno (esgrima). Campo de hóckey do Parque Olímpico – hóckey sobre herba. Campo de tiro con arco do Parque Olímpico – tiro con arco. Centro Olímpico de Tenis de Pequín – tenis. Estadio de Béisbol de Wukesong - béisbol. Velódromo de Laoshan – ciclismo (BMX). Campo de vóley praia do Parque Chaoyang – voley praia. Instalación de tríatlon (Pequín 2008) (Represa das Tumbas da Dinastía Ming) – tríatlon.

Fóra de Pequín Centro de Vela Internacional de Qingdao – vela. Centro ecuestre olímpico de Hong Kong – hípica. Estadio de Shanghai – fútbol. Estadio Olímpico de Qinhuangdao – fútbol. Estadio Olímpico de Shenyang – fútbol. Estadio Olímpico de Tianjin – fútbol.

Calendario Nos Xogos Olímpicos de Pequín leváronse a cabo 302 competicións en 28 deportes. Na táboa seguinte detállanse os días nos que se efectuaron as competicións de cada deporte, así como o número de finais por día que se celebraron.

Evento 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT Inauguración Atletismo 3 4 5 6 5 3 7 6 7 1 47 Bádminton 1 2 2 5 Baloncesto 1 1 2 Balonmán 1 1 2 Béisbol 1 1 Boxeo 5 6 11 Ciclismo 1 1 2 2 1 1 3 3 1 1 1 1 18 Esgrima 1 1 1 1 1 2 1 1 1 10 Fútbol 1 1 2 Ximnasia 1 1 1 1 4 4 4 1 1 18 Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15 Hípica 2 1 1 1 1 6 Hóquei sobre herba 1 1 2 Judo 2 2 2 2 2 2 2 14 Loita 2 2 3 2 2 2 2 3 18 Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 2 3 2 2 2 1 46 Péntatlon moderno 1 1 2 Piragüismo 2 2 6 6 16 Remo 7 7 14 Softbol 1 1 Taekwondo 2 2 2 2 8 Tenis 2 2 4 Tenis de mesa 1 1 1 1 4 Tiro 2 2 2 2 2 1 1 2 1 15 Tiro con arco 1 1 1 1 4 Tríatlon 1 1 2 Vela 2 1 2 2 2 2 11 Voleibol 1 1 1 1 4 Clausura Agosto 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT

Galegos nos Xogos Todos os participantes galegos nos Xogos (14, dos cales dez eran homes e catro mulleres) fixérono dentro do equipo de España. Estes foron os seus nomes: Xavier Gómez Noia (tríatlon) 4º Iván Raña (tríatlon) 5º David Cal (piragüismo) Ficheiro:Med 2.png Ficheiro:Med 2.png Tareixa Portela (piragüismo) 6º na semifinal Sonia Molanes (piragüismo) 4º na semifinalLas piragüistas españolas Manchón y Molanes se quedan a las puertas de la final Carlos Pérez Rial (piragüismo) Ficheiro:Med 1.png David Gómez (atletismo) 25º Santiago Pérez (atletismo) 26º Alessandra Aguilar (atletismo) José Antonio Hermida (ciclismo) 10º Tamara Abalde (baloncesto) Antón Paz (vela) Ficheiro:Med 1.png Fernando Echavarri (vela) Ficheiro:Med 1.png

Política nos Xogos Os Xogos Olímpicos de Beixín víronse embazados pola censura e por diversos conflitos políticos. A situación no Tíbet, provincia chinesa onde se reivindica un maior grao de autonomía, provocou unha vaga de solidariedade internacional que chegou a ameazar a presenza dalgúns xefes de estado e de goberno na cerimonia inauguralSarkozy threatens boycott of Beijing Olympic Games opening ceremony , The TimesMost EU leaders stay away from Olympic ceremony, EUObserver, 8/8/08. Ademais, o percorrido do facho olímpico arredor do mundo tivo que ser alterado, suspendido por veces e protexido con grandes medidas de seguridade en cidades como París, Londres ou San FranciscoO facho olímpico percorre París escoltado nun autobús, Vieiros, 7/4/08Tentan apagar o facho olímpico no seu paso por Londres, Vieiros, 6/4/08O COI podería suspender o percorrido do facho olímpico , Galicia-e,8/4/08.

Para evitar protestas, prohibiuse que se exhibisen nos recintos olímpicos bandeiras de países que non estivesen competindo oficialmenteA bandeira galega, prohibida en Beixín, Vieiros, 3/8/08.

A censura gobernamental sobre os contidos de Internet mantívose na China durante o desenvolvemento dos Xogos, incluso para os xornalistas estranxeiros e para a comunidade olímpicaHundreds of websites still censored at Beijing Olympics Los Angeles Times, 5/8/08. O día 6 de agosto, dúas xornadas antes do comezo dos xogos, dous cidadáns británicos e dous estadounidenses foron detidosBritons held in Beijing protest, BBC, 6/8/08 por penduraren unha pancarta onde se reclamaba liberdade para o Tíbet, a pouca distancia do Estadio Olímpico.

Participantes No tocante ó número de atletas, 11 883 atletas inscribíronse inicialmente (entre eles, os dous atletas de Brunei), pero só 10 902 atletas participaron efectivamente nos Xogos, excluíndo a lesionados e descualificados. Destes, 6 294 eran homes e 4 608 eran mulleres.

A táboa seguinte amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e o número de atletas representantes (en corchetes, o número de homes e de mulleres):

Listaxe de nacións participantes , 4 [3/1] , 11 [7/4] , 420 [237/183] , 5 [3/2] , 32 [17/15] , 5 [4/1] , 3 [3/0] , 14 [14/0] , 56 [34/22] , 132 [79/53] , 25 [23/2] , 2 [2/0] , 432 [233/199] , 70 [40/30] , 44 [30/14] , 25 [16/9] , 14 [11/3] , 5 [3/2] , 8 [7/1] , 94 [77/17] , 4 [3/1] , 5 [3/2] , 6 [2/4] , 177 [93/84] , 6 [4/2] , 7 [4/3] , 5 [4/1] , 11 [9/2] , 268 [139/129] , 70 [43/27] , 6 [3/3] , 3 [1/2] , 2 [1/1] , 2 [1/1] , 4 [2/2] , 32 [25/7] , 332 [186/146] , 2 [1/1] , 26 [20/6] , 600 [312/288] , 79 [43/36] , 17 [7/10] , 67 [43/24] , 3 [2/1] , 5 [3/2] , 58 [21/37] , 265 [159/106] , 21 [19/2] , 8 [6/2] , 99 [80/19] , 158 [102/56] , 85 [65/20] , 2 [2/0] , 25 [17/8] , 100 [74/26] , 11 [4/7] , 8 [6/2] , 10 [8/2] , 57 [35/22] , 61 [40/21] , 282 [162/120] , 589 [307/282] , 47 [34/13] , 27 [14/13] , 15 [10/5] , 57 [31/26] , 6 [4/2] , 309 [188/121] , 4 [2/2] , 3 [2/1] , 35 [27/8] , 9 [8/1] , 9 [4/5] , 152 [82/70] , 6 [4/2] , 12 [9/3] , 5 [2/3] , 3 [2/1] , 3 [2/1] , 4 [2/2] , 7 [3/4] , 25 [23/2] , 34 [17/17] , 171 [88/83] , 53 [31/22] , 24 [15/9] , 54 [51/3] , 4 [3/1] , 55 [39/16] , 27 [20/7] , 4 [3/1] , 4 [3/1] Illas Marshall, 5 [3/2] , 3 [1/2] , 2 [1/1] , 7 [6/1] , 43 [23/20] , 333 [203/130] , 50 [23/27] , 332 [167/165] , 7 [3/4] , 130 [60/70] , 46 [28/18] , 20 [16/4] Kiribati, 2 [2/0] , 8 [8/0] , 4 [2/2] , 5 [4/1] , 47 [29/18] , 6 [4/2] , 3 [2/1] , 6 [4/2] , 2 [2/0] , 71 [44/27] , 13 [9/4] , 7 [5/2] , 6 [4/2] , 32 [18/14] , 4 [2/2] , 4 [2/2] , 17 [3/14] , 6 [3/3] , 47 [36/11] , 11 [6/5] , 2 [1/1] , 83 [43/40] Micronesia, 5 [3/2] , 29 [21/8] , 5 [4/1] , 28 [14/14] , 19 [17/2] , 4 [2/2] , 10 [6/4] , 1 [1/0] , 8 [4/4] , 6 [3/3] , 4 [2/2] , 74 [37/37] , 84 [30/54] , 178 [96/82] , 4 [3/1] , 237 [139/98] , 21 [19/2] , 5 [3/2] , 4 [2/2] , 5 [3/2] , 7 [3/4] , 7 [3/4] , 13 [7/6] , 257 [156/101] , 77 [51/26] , 22 [17/5] , 20 [20/0] , 304 [163/141] , 3 [2/1] , 134 [75/59] , 5 [4/1] , 24 [18/6] , 4 [2/2] , 101 [40/61] , 454 [231/223] , 6 [4/2] , 4 [2/2] , 4 [1/3] , 4 [2/2] , 2 [1/1] , 4 [1/3] , 3 [2/1] , 15 [8/7] , 87 [63/24] , 9 [6/3] , 3 [2/1] , 25 [11/14] , 7 [6/1] , 2 [1/1] , 8 [4/4] , 4 [2/2] , 134 [75/59] , 9 [5/4] , 123 [50/73] , 83 [47/36] , 4 [2/2] , 47 [22/25] , 9 [7/2] , 15 [12/3] , 1 [0/1] , 4 [3/1] , 3 [2/1] , 28 [17/11] , 26 [14/12] , 10 [6/4] , 67 [48/19] Tuvalu, 3 [2/1] , 243 [127/116] , 11 [9/2]