Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2021 tiña 18.005 habitantes (8.857 homes e 9.148 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .
Xeografía Ten unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.
Demografía
Censo total 2021 18.005 habitantes Menores de 15 anos 2.212 (12.29 %) Entre 15 e 64 anos 11.767 (65.35 %) Maiores de 64 anos 4.026 (22.36 %)
Cultura Toponimia As atestacións documentais máis antigas deste topónimo son serodias, do século XIII, e nelas aparece coma nome dunha freguesía pertencente ao arciprestado e xurisdición de Miñor, diocese de Tui.
Segundo o estudo realizado polo catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, o topónimo Nigrán vén do termo latino "niger" (negro en galego) máis a terminación patronímica -án. Patrimonio miniatura|Mosaico romano de Panxón. Patrimonio arquitectónico Ponte da Ramallosa (San Pedro da Ramallosa); Templo Votivo do Mar (Panxón); Arco visigótico de Panxón (Panxón); Monumento á mariña universal (Monteferro).
O concello de Nigrán ten sete pazos: Pazo de Cadaval-Urzáiz; Pazo de Cea; Pazo da Touza; Pazo de Brito; Pazo de Lamelas; Pazo de Ceán; pazo de Pías.
Economía
Nigrán foi tradicionalmente un municipio adicado á pesca de baixura, pero actualmente débese máis ao turismo.
Deporte O Nigrán Club de Fútbol, formado no ano 2000, xoga no grupo sur da 1ª Preferente.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Nigrán Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Nigrán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Nigrán
Ligazóns externas Biblioteca Pública Municipal de Nigrán Xornal de información do Val Miñor Radio Municipal de Nigrán
Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía