August Wilhelm Hupel, nado o 25 de febreiro de 1737 en Buttelstedt, preto de Weimar, e finado o 7 de febreiro de 1819, en Paide, foi un publicista, estófilo e lingüista alemán do Báltico.

Traxectoria En 1766–1767, traduciu para Lühhike öppetus, a primeira publicación periódica en lingua estoniana, editado por Peter Ernst Wilde. En 1771, publicou un libro de texto de medicina, Arsti ramat nende juhhatamisseks kes tahtvad többed ärra-arvada ning parrandada (traducible como Manual de diagnóstico médico e atención sanitaria, e literalmente Libro do médico para instruír a aqueles que queren adiviñar e reparar doenzas).

En 1780, Hupel completou un tratado sobre a gramática do estoniano, Ehstnische Sprachlehre für beide Hauptdialekte, den revalschen und den dörptschen, nebst einem vollständigen Wörterbuch. A primeira impresión do dicionario incluído contiña unhas 17.000 palabras e a descrición da súa morfoloxía. A segunda edición, impresa en 1820, medrou ata as 20.000 palabras.

Hupel era materialista, mais defendía a existencia dunha alma inmortal. Argumentaba que a alma está composta por unha materia "sutil" semellante ao éter.

Publicacións Anmerkungen und Zweifel über die gewöhnlichen Lehrsätze vom Wesen der menschlichen und thierischen Seele (1774)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Weissenstein Society: August Wilhelm Hupel EEVA entry: August Wilhelm Hupel ( * 25.02.1737 - † 07.02.1819 ) - Publitsist, kodu-uurija, keelemees, vaimulik

Categoría:Nados en 1737 Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Lingüistas de Estonia Categoría:Finados en 1819