O Hospital Universitario La Paz (HULP) é un centro hospitalario de titularidade pública, situado no distrito de Fuencarral-El Pardo da cidade de Madrid. Está administrado polo Servizo Madrileño de Saúde, dependente da Consellería de Sanidade e é un dos hospitais de referencia de España.
Baixo a xestión da Xerencia do HULP organízanse os catro hospitais orixinarios da que foi a Cidade Sanitaria La Paz (xeral, traumatolóxico, materno-infantil e pediátrico), xunto aos próximos Hospital Carlos III e Hospital de Cantoblanco.
A actividade investigadora do HULP de estrutura a través do seu Instituto de Investigación Sanitaria acreditado (IdiPAZ) xestionado pola Fundación para a Investigación Biomédica do Hospital Universitario La Paz (FIBHULP).
Hospital Universitario Dende 1970 está vinculado á Universidade Autónoma de Madrid, cuxa Facultade de Medicina e unha das súas Escolas Universitarias de Enfermaría (EUE La Paz) atópanse xunto ás súas instalacións.
Notas
Categoría:Hospitais de Madrid