A Fronte Popular de Estonia (en estoniano: Eestimaa Rahvarinne; coas siglas, RR), presentada ao público polo político estoniano Edgar Savisaar baixo o nome efémero de Fronte Popular a prol da Perestroika, foi unha organización política en Estonia a finais da década de 1980 e principios da de 1990.
O obxectivo inicial da Fronte Popular era acadar unha maior independencia da RSS de Estonia como república soviética dentro da Unión Soviética, mais o debalo dos feitos levou a que se convertese na principal forza no movemento de independencia estoniano que levou ao restablecemento da República de Estonia como un país independente da Unión Soviética. Era unha organización semellante á Fronte Popular de Letonia e ao movemento Sąjūdis en Lituania, así como a outras frontes populares que xurdiron case simultaneamente en moitas partes da URSS. Os estados bálticos eran únicos entre as partes constituíntes da URSS, xa que foran democracias parlamentarias europeas durante o período de entreguerras e foran anexionados pola Unión Soviética en 1940.
Edgar Savisaar presentou a idea da fronte popular durante un programa de televisión o 13 de abril de 1988. A idea desenvolveuse ao longo do ano e, finalmente, a Fronte Popular Estoniana creouse o 1 de outubro de 1988 cun congreso con moita xente que se converteu nunha culminación da primeira fase da Revolución Cantada.
Foi, en gran medida, o precursor do actual Partido de Centro de Estonia, aínda que cunha base de popularidade moito máis ampla ao principio.
Historia
Creación A Fronte Popular de Estonia foi a principal forza no movemento de independencia estoniano que levou ao restablecemento da República de Estonia como un país independente da Unión Soviética. Era unha organización semellante á Fronte Popular de Letonia e ao movemento Sąjūdis en Lituania, así como a outras frontes populares que xurdiron case simultaneamente en moitas partes da URSS. Os estados bálticos eran únicos entre as partes constituíntes da URSS, xa que foran democracias parlamentarias europeas durante o período de entreguerras e foran anexionados pola Unión Soviética en 1940. Savisaar lanzou
Os días 1 e 2 de abril de 1988, seis organizacións artísticas que avogaban pola liberalización política e a autonomía económica uníronse con mozos reformistas comunistas e opositores moderados para presentar un programa de acción política, pero non se establecería como partido ata o 13 de abril. Entre os fundadores estaban o arquitecto Ignar Fjuk, a filósofa Klara Hallak, o sociólogo Igor Gryazin, o membro da EMS Siim Kallas, o historiador Edgar Saavisaar, que presentou a organización en abril de 1988 cunha emisión en directo (Mõtleme veel; en galego, Pensemos de novo) na televisión estoniana avogando por un movemento democrático de apoio á perestroika de Gorbachov; o enxeñeiro Rein Taame, o xeógrafo Andres Tarand, o químico Mart Tarmak, Marju Lauristin e Mati Hint. O seu programa incluía a extensión dos dereitos económicos e políticos en toda Estonia, deter o fluxo de inmigrantes, rehabilitar as vítimas do estalinismo, a independencia cultural e restaurar os símbolos tradicionais estonianos.
A Fronte Popular organizou unha serie de eventos e accións con moita asistencia e ampla publicidade que enfatizaron o orgullo nacional estoniano, así como os valores democráticos. Produciuse unha gran cantidade de materiais impresos e xornais para popularizar o movemento da Fronte Popular. Os principais líderes e sublíderes da Fronte Popular eran convidados habituais en todo tipo de medios de comunicación para discutir diversos temas e ideas. A Fronte Popular Estoniana fixo que a idea dunha Estonia independente fose aceptable e alcanzable para as masas. A idea da independencia convertérase nun soño algo imposible e incrible para a maioría dos estonianos durante décadas baixo a Unión Soviética. miniatura|Arnold Rüütel, presidente de Estonia entre 2001 e 2006.
Accións O 11 de setembro de 1988, organizou unha manifestación á que asistiron 300.000 persoas. O 1 de outubro, formalizouse como grupo político e nomeou a Arnold Rüütel, veterinario e membro da Academia de Ciencias de Estonia, como o seu presidente. Nas primeiras eleccións ao Soviet Supremo da URSS en 1989, gañou 15 dos 36 escanos asignados a Estonia; dous corresponderon aos ecoloxistas Toomas Frey e Juhar Aar e, o resto, ao Partido Comunista Estoniano, na súa maioría candidatos reformistas. miniatura|Edgar Savisaar, presidente de goberno, e un dos fundadores da Fronte Popular de Estonia. A Fronte Popular de Estonia, xunto coa Fronte Popular de Letonia e o Sąjūdis, organizaron a masiva manifestación "brazo con brazo" da Cadea Báltica que se estendeu polos tres estados bálticos o 23 de agosto de 1989. A cadea humana de 600 quilómetros que unía Talín, Riga e Vilnius para chamar a atención polo 50 aniversario do Pacto Molotov-Ribbentrop que resultou na incorporación forzosa destes tres estados á Unión Soviética e a perda da súa independencia. Na cadea, cunha participación masiva, reclamouse a independencia dos países bálticos e levou a que o, 24 de decembro de 1989, o Congreso dos Deputados da URSS declarase nulos os protocolos secretos do Pacto Molotov-Ribbentrop.
O 2 de febreiro de 1990, convocou unha manifestación en Talín para conmemorar o 70 aniversario do Tratado de Tartu, polo que a URSS recoñeceu a independencia de Estonia. O 11 de marzo, convocou o Congreso de Estonia, que debía preparar o proceso para acadar constitucionalmente a independencia estoniana, e o 18 de marzo gañou as eleccións de 1990 ao Soviet Supremo de Estonia, o que lle permitiu liderar o proceso estoniano cara á independencia.
Proceso cara á independencia O 29 de marzo, Arnold Rüütel foi nomeado xefe do Soviet Supremo de Estonia, Edgar Savisaar foi nomeado xefe de formar goberno, xunto con Lennart Meri (asuntos exteriores) e Rein Miller (finanzas). O 30 de marzo de 1990, o novo Soviet Supremo declarou ilegal o goberno soviético en Estonia e proclamou un período de transición para restaurar a República de Estonia nun camiño gradual cara á independencia.
En abril, o parlamento aboliu o servizo social obrigatorio e substituíuno por unha prestación social, ao tempo que sentaba as bases para unha nova policía e axencia encargada de facer cumprir a lei e intensificaba a cooperación cos outros estados bálticos. Tamén deixou de contribuír ao tesouro soviético, comezou a transición a unha economía de libre mercado, liberalizou os prezos, privatizou as pequenas empresas e impuxo unha fronteira económica con Rusia. O 8 de maio, os símbolos da antiga RSS de Estonia foron abolidos e o país pasou a chamarse oficialmente Eesti Vabarik (República de Estonia). Nun momento dado, o carácter problemático de Edgar Savisaar tamén creou unha crecente oposición á Fronte Popular entre os estonianos. Así, fóronse creando organizacións máis pequenas, que se converteron nun elemento importante da política na Estonia independente na década seguinte.
A Fronte Popular enfrontouse á oposición do Intermovemento, que representaba o segmento prosoviético da minoría étnica rusa de Estonia e outros grupos étnicos que se estableceran en Estonia durante a ocupación soviética e que eran opositores ao programa de reformas de Gorbachov. O parlamento respondeu aprobando medidas restritivas contra a inmigración rusa. Finalmente, en decembro de 1990, anunciouse que Estonia non asinaría o Tratado da Unión.
Ruptura da Fronte Co tempo, xurdiu unha brecha cada vez maior entre o impulso inicial da Fronte Popular, cuxos membros principais defendían a mera autonomía dentro dun sistema soviético que Gorbachov estaba a tentar reformar cautelosamente, e o contexto final da Fronte Popular de Estonia, que chegou a representar a verdadeira independencia, unha idea apoiada pola súa historia e o seu historial.
Tras o recoñecemento da independencia de Estonia pola Unión Europea e os Estados Unidos, moitos dos líderes da Fronte abandonárona para formar os seus propios partidos políticos. Non obstante, conseguiu presentarse como partido nas eleccións parlamentarias estonianas de 1992, lideradas por Rein Taagepera, e obtivo o 12,2 % dos votos e 15 escanos. Taagepera tamén se presentou como candidato nas eleccións presidenciais estonianas de 1992, pero só obtivo 109 743 votos (o 23,7 %). Todo, isto converteu a Fronte Popular de Estonia nun anacronismo e disolveuse o 13 de novembro de 1993. Finalmente, en 1994, dxa esaparecera como forza política e os seus membros fusionáronse co recentemente creado Partido do Centro Estoniano.
Resultados electorais AnoLíderVotos%Escanos+/-1990Edgar Savisaar Novo199256,12412,25 -28
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Partido da FPB Movemento Popular de Ucraína Fronte Popular de Letonia Sąjūdis
Categoría:Política de Estonia Categoría:Historia contemporánea de Estonia Categoría:Organizacións políticas de Estonia