Os modistae, tamén coñecidos como gramáticos especulativos, foron unha escola de filosofía da linguaxe centrada na gramática activa no norte de Francia, Alemaña, Inglaterra e Dinamarca durante os séculos XIII e XIV. A súa influencia foi menor no sur de Europa, onde predominaba unha tradición oposta, coñecida como "gramática pedagóxica".
Historia Entre os predecesores do modismo destacan William de Conches, Peter Helias e Ralph de Beauvais. Estes tres autores tamén recibiron o apelativo de gramáticos especulativos.
A filosofía dos modistae foi desenvolvida pola primeira vez por Martín de Dacia (finado contra 1304) e os seus colaboradores a mediados do século XIII. Porén, só acadaría preeminencia tras a súa sistematización por parte de Thomas de Erfurt, décadas máis tarde, coa súa De modis significandi seu grammatica speculativa, probablemente escrita na primeira década do século XIV. Secasí, esta obra foi atribuída a Duns Scoto até comezos do século XX, debido á afinidade da teoría de Thomas de Erfurt coa metafísica escotista. Moi reproducida e comentada durante a Idade Media, é o manual máis completo da gramática modista.
Filosofía Tal e como indica o seu nome, o pensamento dos modistae baséase nunha teoría dos "modos" do significado na linguaxe. Este divídese en tres modos: os do ser (modi essendi), os do entendemento (modi intelligendi) e mais os da significación (modi significandi). Para estes autores, as diferentes categorías gramaticais representaban a realidade a través destes modos. O modi essendi refírese ás calidades obxectivas que existen nos obxectos do entendemento; á súa vez, os modi intelligendi son as distintas maneiras en que a nosa comprensión representa os modi essendi; por último, os modi significandi son as vías que a gramática ten de expresar os modi intelligendi na linguaxe. Esta distinción correspóndese coa semántica tripartita de Aristóteles, na que as palabras representaban uns conceptos que referían a uns obxectos.
A teoría dos modos oponse ó nominalismo, xa que asume que a análise da gramática da linguaxe ordinaria é a chave da metafísica. Para os modistae, as formas gramaticais, os modi significandi dos verbos, nomes e adxectivos constitúen a estrutura ontolóxica profunda da linguaxe, a cal representa obxectivamente a realidade. Os seus traballos preludiaron a idea da gramática universal ó suxerir a existencia dunhas regras únicas que poden extraerse de todas as linguas naturais.
O movemento podería terse inspirado na observación de Roger Bacon de que todas as linguas comparten unha gramática común, un fundamento que ancora ontoloxicamente todas as estruturas lingüísticas.
Recepción Existen paralelismos entre a gramática especulativa e a fenomenoloxía, tal e como se decatou Martin Heidegger na súa tese de doutoramento, dedicada ó tratado de Thomas de Erfurt (aínda atribuída, erroneamente, a Duns Scoto): Die Kategorien- und Bedeutungslehre des Duns Scotus (en ).
Obras destacadas
Martin de Dacia, De modis significandi (after 1255) Boecio de Dacia, De modis significandi sive Quaestiones super Priscianum majorem (c. 1270) Xoán de Dacia, Summa Grammatica () Simón de Dacia, Domus gramaticae (1255–1270) Radulphus Brito, Quaestiones super Priscianum minore () Michel de Marbais (d. ) Thomas de Erfurt, Tractatus de modis significandi seu grammatica speculativa (before 1310) Sixerio de Courtrai, Summa modorum significandi (1320). Johannes Josse de Marvilla, Expositiones modorum significandi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filosofía medieval Nominalismo
Categoría:Literatura medieval Categoría:Gramática Categoría:Filosofía da linguaxe Categoría:Filosofía da Idade Media