O Premio SELIC de Creación Literaria é un premio literario convocado polo Concello de Santiago no marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC). O galardón foi creado en 2018 e está destinado a obras literarias inéditas encadradas nos xéneros de novela, poesía, teatro e ensaio que teñan a cidade de Santiago de Compostela como marco de acción ou referencia fundamental. Está dotado con 6 000 euros e a obra gañadora é coeditada polo Concello de Santiago e Edicións Positivas.
Na súa orixe, o certame contaba con tres categorías (narrativa, poesía e teatro). Cada obra gañadora percibía 2 000 euros e a publicación por parte do Concello.
Obras premiadas
2018
Narrativa: deserto.
Poesía: A cidade e a chuvia, de Rafa Vilar.
Teatro: Realness, de Fernando Epelde.
2019
Narrativa: deserto. Poesía: Os caracois de Belvís, de Lupe Gómez. Teatro: deserto.
2020 Baleiro (novela), de Gabriel Gómez Estévez.
Accésit: O novelo (novela), de Óscar Senra Gómez. Accésit: Partida salvada (teatro), de Fernando Epelde.
2021 Como agullas finas cravadas no pescozo (teatro), de María Caíña.
Accésit: Os acios tardegos (novela), de Antonio Piñeiro.
2022 Faise o escuro (teatro), de Carme Varela.
Accésit: Areanegra na Casa Encantada (ensaio), de Puri Cabido.
2023 Rotas (ensaio), de Montse Fajardo.
2024 Sarela (novela), de Marga Tojo.
2025 O silencio non arrola (novela), de Adrián Noia.
Notas
Categoría:Premios e certames literarios de Galicia