Iria de Dios Flores, nada en Vigo en 1990, é unha investigadora galega.

Traxectoria Criouse e viviu en Ourense. Fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Chicago e a tese Processing long-distance dependencies: an experimental investigation of grammatical illusions in English and Spanish entre a Universidade de Santiago de Compostela e o centro de investigación en neurociencia especializado en linguaxe BCBL (Basque Center on Cognition, Brain and Language). Foi premio nacional á mellor tese de 2021.A tese de Iria de Dios Flores é distinguida pola Sociedade Española de Lingüística como a mellor do Estado en 2021 Foi investigadora posdoutoral do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. É profesora de Tradución e Ciencias da Linguaxe na Universidade Pompeu Fabra, onde forma parte do grupo de investigación en Lingüística Computacional e Teoría Lingüística. Estuda a creación e mellora de modelos lingüísticos artificiais para idiomas con baixos recursos.A investigadora ourensá Iria de Dios crea os recursos lingüísticos para que haxa IA en galego: «É un dereito, non só algo emocional»

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Iria de Dios Flores

A investigación de Iria de Dios escollida como a mellor tese do ámbito español

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1990