A inmigración nicaraguana en España refírese ao asentamento de cidadáns da República de Nicaragua no Reino de España, antiga entidade colonizadora do país centroamericano.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística de España (INE) o número de persoas con nacionalidade nicaraguana residentes en situación regular é de 60.681 en 2022, aínda que se cre que a cifra real pode ser lixeiramente superior debido á existencia de nicaraguanas que non teñan regularizada a súa situación en España.

Historia Do mesmo xeito que gran parte do resto da inmigración en España, a nicaraguana no século XXI ten unha orixe e motivación económica ao presentar o país de acollida unha mellor economía e oportunidades de desenvolvemento que a economía do país de orixe.

Etnoestratificación das inmigrantes nicaraguanas Tal como pasou con gran parte da inmigración feminina, con especial incidencia na chegada a España dende os países de Hispanoamérica, moitas mulleres nicaraguanas, independentemente da súa formación, acabaron traballando no coidado de persoas adultas nas súas cidades de acollida. Tamén algunhas inmigrantes acabaron na prostitución.

Impulso das protestas de 2018 Logo das protestas que houbo en Nicaragua ao longo de 2018, a emigración do país aumentou notablemente. A chegada de nicaraguanos a España tamén se viu afectada xa que, aínda que xa aumentaba todos os anos do presente século, creceu en 11.000 persoas nun só ano, un 250 % máis de chegadas que no ano máis voluminoso até entón. De 2018 a 2021 a poboación nicaraguana en España duplicouse, pasando de 31.286 persoas regularizadas en 2018 ás 61.563 en 2021, aspecto que se notou especialmente nalgunhas cidades de acollida como Zaragoza que pasou de 5.470 veciños nicaraguanos a practicamente 10.000. 2022 pola súa banda foi o primeiro ano que o número de nicaraguanos diminuíu, pasando dos 61.563 a 60.681, unha diminución de case 1.000 persoas.

Estatísticas Gráfica do censo oficial de poboación nicaraguana residente en España (só inclúe cidadáns con pasaporte nicaraguano con permiso de traballo en España. Non inclúe apátridas nin nacionalizados):

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relacións España-Nicaragua

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora nicaraguana Categoría:Historia de Nicaragua