Aitana Sánchez-Gijón De Angelis, nada en Roma o 5 de novembro de 1968, é unha actriz española de cine, teatro e televisión. É académica de honra da Academia das Artes Escénicas de España de 2022. En febreiro de 2025 outorgaronlle o Premio Goya de Honra. Recibiu ese mesmo ano a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Traxectoria O seu nome vén do da súa madriña de bautismo, Aitana Alberti, filla de Rafael Alberti (quen lle adicou un poema, Aitana, niña nueva) e María Teresa León.

Debutou na televisión coa serie Segunda enseñanza, de Pedro Masó, con só 16 anos. Despois interpretou pequenos papeis ata a película que a fixo famosa, Bajarse al moro, de Fernando Colomo (1989). O seu primeiro papel protagonista foi en Vientos de cólera, de Pedro de la Sota, que lle valeu o Premio Paco Rabal á Mellor Actriz na Semana de Cine Español de Murcia.

A súa traxectoria consolidouse a nivel nacional e internacional na década dos 90 con obras como Boca a boca de Manuel Gómez Pereira; El pájaro de la felicidad de Pilar Miró; e Celos de Vicente Aranda, entre outros. Anos despois engadíronse máis títulos á súa filmografía, entre eles A Walk in the Clouds de Alfonso Arau; La camarera del Titanic de Bigas Luna; e Volaverunt, papel que lle valeu o Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Donostia.

Notas

Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados en Roma Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1968