miniatura|300px|Pega en voo A seguir recóllese a pegada que ten a pega na cultura popular galega, xunto a algunhas crenzas populares ó redor desta ave tan común no medio rural de Galicia.
En xeral, a pega rabilonga (ou, simplemente, pega) está considerada como ave de mal agoiro, por grallar e comer carniza, como tamén acontece con outros córvidos. Non obstante, tamén pode traer boa sorte: en Moraña cren que se, ó ir por un camiño, sae pola dereita, é sinal de boa sorte, pero se sae pola esquerda agoira mala sorte Rivas Quintas (1978), s. v. meiga. Rivas Quintas di que a mesma crenza corre por Cudillero, en Asturias, onde se marcha voando cara á dereita indica boa sorte, ó contrario de se marcha voando cara á esquerda; neste caso, para librarse do agoiro, hai que dicir este ensalmo: "Pega, mega, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana".. Por Cambados cren que o canto dunha pega anuncia cartas no correo.Adela Leiro, 67.
Vaise o sol e vén as lúa Que non entren as coruxas nin os mouchos nin as pegas nin as bruxas! ¡Nin os corvos que graxean!Gárfer, 23. Os colectores recólleon como parte dun conxuro da queimada, pero non o localiza.
O voo dunha pega, como o dun moucho ou outra ave nocturna, por riba do tellado dunha casa ou ó redor desta, especialmente se nesa casa hai alguén enfermo, considérase agoiro da súa morte.Jesús Rodríguez López, 100. Explícao, xunto á mesma crenza respecto a aves nocturnas ou a cans, que ouvean anunciando unha morte, no finísimo olfacto que Deus deu ós animais carniceiros, que cheiran a distancia os residuos en descomposición que expulsan os enfermos ulcerosos ou afectados de padecementos moi crónicos [en castelán no orixinal]. Tamén se supón agoiro de morte escoitar o berro dunha pega á esquerda, pero se se escoita cara á dereita non pasará nada.José Curt: Galicia viva: la fauna fallega y algo más, Pontevedra 1978, 317.
Sinonimia Recibe tamén os nomes de pega rabilán, pega rabilarga e pega rabuda, polo longo rabo característico; o de pega lagarteira, por comer estes réptiles; e o de pega carracheira, pega carrachenta ou pega porca, por comer carniza.Constantino García González, Rivas Quintas (1978), s. v. pega.
E dá nome a outro córvido, o gaio (Garrulus glandarius), que tamén se coñece como pega carniceira, pega carnizá pega da fraga, pega marcha, pega marxa, pega marza, pega reboldá, pega rebordá, pega rebordán, pega rebuldán, pega rebuldana, pega reburdá ou pega retordá.Constantino García.
Locucións Escuro coma un pego. Meterlle os pegos no niño.Zamora Mosquera, 137.Zamora mosquera non o explica. Eladio Rodríguez escribe que pego é o macho ou a cría da pega, pero Sarmiento afirma que designa ó peto. Ollo de pega: calosidade que se forma nas dedas dos pés.Rivas Quintas, s. v. ollo. Pan de pega ou pan pego: posta de ovos da barbantesa (Mantis religiosa), máis coñecida como rumeallos.Rivas Quintas (1978), s. v. pan Picado das pegas: picado das vexigas. Ventar as moscas, como as bestas amatadas.
Refraneiro A besta, de amatada, de lonxe ve vir as pegas.Antón Noriega Varela, 107.As amatas das bestas atraen ás pegas, ben polo sangue que deitan, ben polas moscas e as súas larvas. Cando as pegas cantan, algo ventan.Xaquín Lorenzo (1983), 25. Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias.Saudade. No texto: Gregos, se ben o refrán está alfabetizado no c. Cregos, pegas e choias, dou ó demo estas tres xoias.O libro da caza, 33. No orixinal cegos, erro se se ten en conta os paralelos. Cregos, pegas e choias, o demo cargue con todas. Dáme pega sin mancha, dareite moza sin chata.O libro da caza, 34. Dáme unha pega sin mancha, dareiche unha maza sin chata.Eladio Rodríguez, s. v. pega. Di a pega, e todos din dela.O libro da caza, 34. Díxolle o corvo á pega: bótate alá, que eres negra.Eladio Rodríguez, s. v. corvo. Falando da pega,pola porta chega.O libro da caza, 35. Niño feito, pega morta. Non hai pega sin mancha negra.O libro da caza, 37.Francisco Lanza, 79. Onde a pega ten o ollo, alí ten o seu ovo. Onde a pega ten o ollo, ten o ovo.Antón Noriega Varela, 105. No orixinal: donde. Quen anda ás pegas atópaas brancas e negras. Quen anda ás pegas, caza unhas brancas e outras pretas.O libro da caza, 39. Tanto pica a pega no trobisco, que creba o pico.O libro da caza, 40.
Cantigueiro Canta a rula, canta a rula,/ canta no niño da pega:/ non sei se será sinal/ de que vén a morte negra Xaquín Lorenzo (1973).</ref> Vaite pra alá, carrouceira,/ cara de bico de pega,/ que cando te vexo vir/ penso que é a morte negra.Xaquín Lorenzo (1973), 169.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
[facsímile da Ed. Maxtor, Valladolid 2001, ISBN=84-95636-77-8] Saudade. Verba Galega nas Américas, México, maio 1943, 24 [Luis Alonso Girgado e outros: ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2008. ISBN: 978-84-453-4557-3].
pega