Eva Baltasar i Sardà, nada en Barcelona o 26 de agosto de 1978, é unha poetisa e escritora catalá. As súas obras foron traducidas a unha ducia de idiomas, incluíndo o galego, o portugués o italiano ou o inglés.

Traxectoria Licenciouse en pedagoxía na Universidade de Barcelona e debutou como poetisa en 2008 con Laia, libro que gañou o Premio Miquel de Palol. Entre 2009 e 2017 publicou nove poemarios máis, que resultaron todos premiados. A súa poesía foi definida como intimista ou poesía do corpo, con trazos a miúdo filosóficos e conceptuais. Son recorrentes as súas referencias ao lesbianismo, á experiencia de habitar o propio corpo, á maternidade ou ao acceso a un imaxinario íntimo como forma de soportar a realidade.

No ano 2018 publicou Permagel, unha novela aclamada polo público e a crítica que gañou o Premio Llibreter e o Premio L'Illa dels Llibres. Permagel é a primeira novela dun tríptico onde a autora explora en primeira persoa as voces de tres mulleres diferentes que experimentan algunhas das contradicións do seu tempo. A obra vendeu máis de 25.000 exemplares en catalán. En 2020 publicouse Boulder, a segunda entrega do tríptico, que lle valeu o Premio Òmnium á mellor novela do ano. En 2021, pechou o tríptico con Mamut .

En marzo de 2023, foi nomeada ("long list") ao Premio Internacional Booker por Boulder, e no abril seguinte foi seleccionada como finalista ("short list"), converténdose na primeira obra da literatura catalá en ser finalista do premio Booker, aínda que finalmente non resultou vencedora.

Obra literaria

Obra traducida ao galego

Permaxeo. Kalandraka (2020), trad. de Gonzalo Hermo. Boulder. Aira Editorial (2023), trad. de Isaac Xubín. Mamut. Aira Editorial (2024), trad. de Isaac Xubín. Ocaso e fascinación. Aira Editorial (2026), trad. de Isaac Xubín.

Novela

2012: El camí de les flors. Pagès Editors. 2018: Permagel. Club Editor (Premio Llibreter e Premio L'Illa dels Llibres). 2020: Boulder. Club Editor (Premio Òmnium) 2022: Mamut. Club Editor. 2024: Ocàs i fascinació. Club Editor. 2026: Peixos. Club Editor.

Poesía

2008: Laia. Columna Edicions (Premio Miquel de Palol). 2009: Atàviques feres. Edicions Cossetània (Premio Ramon Comas i Maduell). 2010: Reclam. Institut d'Estudis Ilerdencs (Premio Les Talúries). 2011: Dotze treballs. Pagès Editors (Premio Benet Ribas). 2011: Medi aquàtic. Pagès Editors (Premio Màrius Torres). 2012: Poemes d'una embarassada. Pagès Editors (Premio Jordi Pàmias). 2013: Vida Limitada . Món de Llibres. (Premio Miquel Àngel Riera). 2016: Animals d'hivern. Edicions 62 (Premio Gabriel Ferrater). 2017: Neutre. Edicions Bromera (Premio Ibn Jafadja). 2017: Invertido . Lleonard Muntaner (Premio Mallorca). 2021: Nus Schiele. Club Editor.

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá