A mitocrítica é un sistema de interpretación antropolóxica da cultura ideada polo filósofo francés Gilbert Durand.

Argumentación Exponse fundamentalmente na súa obra Les Structures anthropologiques de l'imaginaire (París 1960). Nesta obra reúne e desenvolve diferentes estudos sobre mitos e símbolos presentes en diferentes culturas de occidente e oriente realizados por antropólogos, etnólogos e historiadores, así coma outras achegas de investigacións orixinais en áreas coma historiografía, psicoloxía, psicanálise, lingüística, socioloxía e reflexoloxía, propoñendo un acercamento ao significado simbólico a partir dunha comprensión das estruturas do imaxinario, reconstruíndo o traxecto antropolóxico que debe ser entendido coma un constante intercambio no nivel do imaxinario entre as pulsións subxectivas e as intimacións obxectivas orixinarias do ambiente social. Desvincúlase así Durand en parte do estruturalismo de Claude Lévi-Strauss recoñecendo que para comprender o mito é preciso reconstruír a súa estrutura, mais, ao contrario que este, para Durand non se trata de estrutura, senón de estruturas. Desta forma, a súa análise estrutural diferénciase da proposta do etnólogo francés fundamentalmente na creación dun terceiro nivel de lectura máis alá do sincrónico e do diacrónico: o nivel arquetípico ou simbólico que ademais de considerar as redundancias ou repeticións, reagrupa aos símbolos en constelacións polas súas converxencias. Durand presenta unha organización simbólica do imaxinario composta de dúas grandes rexións ou réximes de imaxes: o Diúrno e o Nocturno.

O primeiro está composto polas estruturas esquizomorfas ou heroicas (idealización, diaireismo, xeometrismo e antítese) relacionadas como o reflexo dominante “postural” e constitutivo dos símbolos terimorfos, catamorfos, diairéticos, ascensionales e espectaculares.

O segundo, composto por dous grupos de estruturas: as sintéticas (coincidencia oppositorum, dramatización, historización, e progreso parcial ou total) relacionadas co reflexo “copulativo” e constitutivas do simbolismo cíclico e as estruturas místicas (redobramento, viscosidade, realismo sensorial e pulverización) relacionadas co refelexo “dixestivo” e constitutivas dos símbolos de inversión e intimidade.

En traballos posteriores, que foron reunidos e publicados conxuntamente en 1979 (Da mitocrítica á mitoanálise figuras míticas e aspectos da obra), Durand presenta unha formulación metodolóxica de análise da obra de arte denominada mitocrítica. A partir do modelo proposto pola psicocrítica de Charles Mauron, e integrando interpretacións parciais que privilexian a vida do autor (existencialistas), a situación socioeconómica (marxismo), o texto e mais as súas estruturas formais (estruturalismo), Durand propón un método de crítica literaria ou artística centrada na comprensión do relato mítico inherente á significación de todo relato, que debe ser o seguinte:

Metodoloxicamente, a aproximación á obra pode facerse en tres tempos que descompoñen os relatos mitémicos:

En primeiro lugar, unha relación dos temas, é dicir, dos motivos redundantes ou obsesivos que constitúen as sincronicidades míticas da obra. En segundo lugar, examínanse co mesmo espírito as situacións e as combinatorias de situación das personaxes e dos decorados. Finalmente, utilízase un tipo de tratamento á americana, como o que Lévi-Strauss aplica ao mito de Edipo mediante a localización das distintas leccións do mito e das correlacións entre unha lección dun mito con outros mitos da época ou dun espazo cultural ben determinado

Con esta metodoloxía, Durand reafírmase nos fundamentos da Tradición herméticognóstica, tan cara á Escola de Eranos, pois considerará as obras de arte non coma simples visións do mundo, senón coma universos propios que ordean e desenvolven valores que, pola súa procedencia numinosa, esixen para a súa comprensión unha referencia última ao mito oculto.

Mitocrítica cultural A Mitocrítica Cultural, ideada polo teórico literario José Manuel Losada, desenvolve unha epistemoloxía da mitocrítica como ciencia con obxecto de explicar unha realidade imaxinaria e alcanzar unha maior comprensión da cultura actual. O estudo sintetiza a evolución dos mitos no contexto contemporáneo. Incorpora a transcendencia sagrada para avaliar o papel do mito coma espello da cultura presente.Losada (2025). «Cultural Myth Criticism: Theory and Methodology». En Stachon, Markus; Lipscomb, Antonella; Kolovou, Penelope, eds. Antiquity in Progress: Intermedial Presences of Ancient Mediterranean Cultures in the Modern World "Part IV: Afterthought" (en inglés). Propylaeum. ISBN 978-3-96929-346-1. A súa metodoloxía fundaméntase nas seguintes premisas: 1) A definición do mito e exposición da súa estrutura a base de mitemas. A mitocrítica esixe a asunción previa dunha definición do mito válida para tódolos casos. Losada define o mito como:un relato funcional, simbólico e temático de acontecementos extraordinarios con referente transcendente sobrenatural sagrado, carentes, nun principio, de testemuño histórico, e reminentes a unha cosmogonía ou unha escatoloxía individuais ou colectivas, mais sempre absolutas. 2) A metodoloxía esixe a propiedade terminolóxica conducente a distinguir:

O mito doutros conceptos inherentes: símbolo, tema, arquetipo, prototipo, heroe, etc. O mito doutros correlatos do imaxinario: esoterismo, fantasía, ciencia ficción, etc.​ O mito dos pseudomitos: Afrodita, Fedra, o Graal, Don Juan ou Drácula son mitos;  Napoleón, Che Guevara, Marilyn Monroe, o Aston Martin do axente 007, o Viagra, o progreso infinito, a intelixencia artificial, p. ex., son pseudomitos.Losada, José Manuel (2016). «El mundo de la fantasía y el mundo del mito. Los cuentos de hadas». Çédille. Revista de Estudios Franceses 6: 69-100. ISSN 1699-4949.J.M. Losada y A. Lipscomb, ed. (2021). Mito y ciencia ficción. Madrid: Sial Pigmalión. ISBN 978-84-18888-12-0.

Esta ​claridade terminolóxica sae ao paso dunha serie de vicio, que, a miúdo, ameazan á investigación en mitocrítica: os prexuízos ideolóxicos, a erudición sen razón e a especulación allea ao texto.

3) Calquera estudo dun mito debe ser, necesariamente, de natureza interdisciplinar.Losada, José Manuel (2010). «Por una mitocrítica abierta: teoría, método y significado». En J.M. Losada, ed. Mito y mundo contemporáneo. Bari: Levante Editori. pp. 9-24. ISBN 978-88-7949-547-9. Losada, José Manuel (2015). «Tipología de los mitos modernos». En J.M. Losada, ed. Nuevas formas del mito. Berlín: Logos Verlag. pp. 187-221. ISBN 978-3-8325-4040-1.En consecuencia, a mitocrítica, sen abandonar a análise do imaxinario simbólico, invade calquera manifestación cultural. Esta nova mitocrítica encárgase de estudar as manifestacións míticas en campos tan amplos como a literartura, o cine, a televisión, o teatro, a escultura, a pintura, os videoxogos, a música, a danza, o xornalismo, Internet e demis medios de manifestación cultural e artística.A mitocrítica, disciplina que estuda os mitos (a mitoloxía contenos, coma un panteón as súas estatuas), é por natureza interdisciplinar: arrexunta as aportacións da teoría literaria, a historia da literatura, as belas artes e os novos modos de difusión na era da comunicación. Así mesmo, acomete o seu obxectivo de estudo dende a súa interrelación con outras ciencias humanas e sociais, de maneira particular: a socioloxía, a antropoloxía e a economía. Xustifícase entón a necesidade dun acercamento, dunha metodoloxía que permita comprender a complexidade do mito e as súas manifestacións na época contemporánea.Losada, José Manuel (2015). «Mitocrítica y metodología». En J.M. Losada, ed. Nuevas formas del mito. Berlín: Logos Verlag. p. 9. ISBN 978-3-8325-4040-1.A Mitocrítica Cultural recusa a utilización servil dos relatos mitolóxicos por outras ciencias (antropoloxía, socioloxía, política, psicanálise). Lonxe de ser ignoradas, estas disciplinas científicas e mais as súas respectivas técnicas, póñense a contribución para comprender o significado dos diversos procesos de mitificación e desmitificación operados sobre as tres dimensións estudadas pola mitocrítica: material, humana e divina.

A Mitocrítica Cultural demostrouse particularmente apta para a análise dos mitos na época contemporánea, cuxo estudo difire considerabelmente do realizado até a actualidade. Losada distingue tres factores principais que a Mitocrítica Cultural debe ter en conta para poder realizar unha análise apropiada dos mitos nas manifestacións culturais contemporáneas: o fenómeno da globalización, a lóxica da inmanencia e a dóxa do relativismo.José Manuel Losada (2025). «Cultural Myth Criticism: Theory and Methodology». En Stachon, Markus; Lipscomb, Antonella; Kolovou, Penelope, eds. Antiquity in progress: intermedial presences of ancient mediterranean cultures in the modern world (en inglés). Heidelberg: Propylaeum. ISBN 978-3-96929-346-1. Estes tres factores modificaron de maneira considerábel o concepto, a recepción dos mitos antigos, medievais e modernos; tamén promoveran a creación dunha pseudomitoloxía que entra en conflito co significado e máis a función auténticos do mito. Son importantes polos seu valor heurístico: axudan a comprender as dificultades atopadas pola crítica académica para localizar e analizar convenientemente os mitos nos textos literarios e nas obras artísticas.

Fenómeno da globalización A globalización, sen a cal é imposíbel concibir o mundo contemporáneo, afectou enormemente á mitoloxía. Losada, José Manuel (2022). Mitocrítica cultural: una definición del mito. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-5267-8.José Manuel Losada divide este fenómeno en dous tipos: a globalización técnica e a globalización social.

Globalización técnica – os novos soportes tecnolóxicos fixéronse accesibles para o público xeral; consecuentemente, os mitos tradicionais requiren unha análise dende novas perspectivas para adaptarse ao mundo globalizado.Losada, José Manuel (2019). «Myth and the Digital Age». En Losada, José Manuel; Lipscomb, Antonella, eds. Myth and audiovisual creation (en inglés). Logos Verlag. ISBN 978-3-8325-4966-4. A mitocrítica debe ter en conta que as tecnoloxías da información achegan unha nova cosmovisión e están fortemente implicadas na produción de ideoloxías que reconfiguran tanto a percepción como a creación de literatura e arte.Losada, José Manuel (2019). «El mito y la era digital». En J.M. Losada y A. Lipscomb, ed. Myth and Audiovisual Creation. Berlín: Logos Verlag. p. 43-72. ISBN 978-3-8325-4966-4. Globalización social – Losada explica este tipo de globalización como «unha migración de produtos culturais».Losada, José Manuel (2022). Mitcrítica cultural: Una definición del mito. Madrid. p. 68. ISBN 978-84-460-5267-8. Na súa opinión, a través da globalización, fórmase un tipo de folclore cosmopolita que integra aspectos culturais rexionais. Como exemplo, o teórico demostra a serie American Gods (2017 e 2019), na que se ve unha mestura de varias mitoloxías e relixións:

[...] o encontro daqueles [os deuses] coas divindades modernas resólvese nunha xigantesca hibridación tendente a disolver identidades, poñer en diálogo o indiferentismo relixioso coa ansia de transcendencia e os valores relativos cos absolutos.Losada, José Manuel (2022). Mitocrítica cultural: Una definición del mito. Madrid. p. 69. ISBN 978-84-460-5267-8.

Lóxica de inmanencia Tradicionalmente todas as relixións contiveron mitos relacionados co concepto da transcendencia.Losada, José Manuel (2020). «Cultural Mythcriticism and Today´s Challenges to Myth». En Roubekas, Nickolas; Ryba, Thomas, eds. Explaining, Interpreting, and Theorizing Religion and Myth. Contributions in Honor of Robert A. Segal (en inglés). Leiden. pp. 360-361. ISBN 978-90-04-43501-8.Losada Goya, José Manuel (2022). Mitocrítica cultural: una definición del mito. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-5267-8.