"Copy of a" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, lanzada como o segundo sinxelo do seu oitavo álbum de estudio, Hesitation Marks (2013). Foi lanzada orixinalmente como descarga dixital gratuíta en Amazon nos Estados Unidos e no Reino Unido por tempo limitado a partir do 13 de agosto de 2013. O 20 de agosto, a canción estivo dispoñible na iTunes Store. Tamén estivo dispoñible para aqueles que reservaran o álbum na tenda en liña oficial de Nine Inch Nails, xunto con "Came Back Haunted" nun ficheiro zip etiquetado como "Hesitation Marks Singles".

A canción foi tocada en directo nun concerto por primeira vez unhas dúas semanas antes do lanzamento oficial da gravación en estudio.

Notas

Categoría:Cancións de Nine Inch Nails Categoría:Sinxelos de 2013