John B. Reddick, nado no condado de Scioto (Ohio) o 9 de abril de 1845 e finado en San Andreas (California) o 16 de setembro de 1895, foi un avogado e político republicano californiano que exerceu como 19º tenente gobernador de California.

Traxectoria A súa familia mudouse ó condado de Calaveras, en California, cando el tiña 12 anos e graduouse na Universidade de California, Berkeley en 1869. Reddick traballou como mestre e administrativo, incluíndo a súa labor como subsuperintendente das escolas públicas do Condado de Calaveras durante dous anos. Tamén estudou dereito e en 1877 logrou a admisión no colexio de avogados. Exerceu en San Andreas e involucrouse tamén en política, e exerceu como xuíz de paz. Foi membro da Asemblea do Estado de California de 1875 a 1877, e de 1880 a 1882. En 1884 foi elector presidencial, votando por James G. Blaine e John A. Logan.

En 1890 Reddick foi escollido como candidato republicano a tenente gobernador. Resultou electo e serviu dende xaneiro de 1891 ata xaneiro de 1895.

Reddick faleceu en San Andreas o 16 de setembro de 1895. Foi enterrado no Peoples Cemetery de San Andreas.

Vida persoal En 1878, Reddick casou con Mary, filla de A.H. Coulter. Tiveron dous fillos, John Jr e Edith.

Notas

Categoría:Nados en Ohio Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley