Pepe é un filme dramático de 2024 escrito, coproducido, coeditado e dirixido por Nelson Carlo De Los Santos Arias. O filme está protagonizado por Jhon Narváez e Sor María Ríos, a voz de Pepe, o primeiro e derradeiro hipopótamo abatido nas Américas, que aparece como unha pantasma e relata a súa historia coa poderosa tradición oral destas comunidades.
É unha coprodución internacional entre a República Dominicana, Namibia, Alemaña e Francia, e estreouse na 74ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín o 20 de febreiro, onde competiu polo Oso de Ouro e gañou o Oso de Prata ao mellor director. Foi escollido como candidato da República Dominicana para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Un hipopótamo novo coñecido polo nome Pepe, que lle puxeron os medios de comunicación, foi asasinado na selva de Colombia, pero regresa en forma de pantasma. É a voz dun hipopótamo, ou iso di. Non ten noción do tempo, só do pasado que o atormenta. "É meu ese ruído? Que é esta cousa que uso para facelo?" O animal está seguro dunha cousa: xa non está vivo. Foi o primeiro e o último da súa especie en ser asasinado nas Américas. Atravésanos a un mundo de moitos contos, cada un dos cales contén máis contos no seu interior. Con seriedade e humor, honestidade e engano, as imaxes e os sons transmiten o poderoso diálogo de lugares onde criaturas como Pepe pereceron sen comprender nunca a verdadeira natureza da súa situación.
Personaxes Como Pepe Jhon Narváez Fareed Matjila Harmony Ahalwa Shifafure Faustinus
Outros Sor María Ríos como Betania Jorge Puntillón García como Candelario Steven Alexander como Cocorico Nicolás Marín Caly como Ángel Wolfgang Fuhrmann como Señor Heribert (cazador)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da República Dominicana propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes en lingua mbukushu Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes da República Dominicana Categoría:Filmes de Namibia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Colombia Categoría:Filmes rodados en Namibia