O ciclonudismo é a práctica de andar en bicicleta sen roupa. Trátase dun hábito común en lugares de longa tradición nudista, aínda que a práctica é máis coñecida como forma de manifestación ou activismo.
As manifestacións ciclonudistas adoitan reivindicar diversas causas relacionadas coa mobilidade, o medio ambiente ou a liberdade corporal. En moitas ocasións búscase promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostible, denunciar a dependencia dos combustibles fósiles e a contaminación provocada polo tráfico motorizado ou reclamar maior respecto e seguridade para os ciclistas na vía pública.
A nudez utilízase de forma simbólica como protesta para chamar a atención sobre a vulnerabilidade dos ciclistas fronte aos vehículos e para cuestionar os tabús relacionados co corpo humano.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Activismo ciclista
Categoría:Ciclismo Categoría:Nudismo Categoría:Activismo