A pedra das Rodiñas é unha estación rupestre de tipo petróglifo correspondente á idade de Bronce, situada no lugar da Nogueira (O Viso, Redondela).
Descrición Trátase dunha pena ou laxe que sobresae lixeiramente sobre o terreo, e sobre a que están talladas combinacións de espirais, círculos concéntricos e liñas radiais, situadas nun dos lados de maior pendente.
A súa morfoloxía, que lembra a unhas rodas pequenas, levou á denominación formal do petróglifo.
Controversia Cara a 2008 foi planificado, no terreo onde se atopa a estación, a construción dun inmoble co uso ulterior de casa da cultura. O propio movemento do terreo das obras levou ao soterramento parcial accidental do petróglifo, catalogado pola Xunta de Galicia como Ben de Interese Cultural. A Dirección Xeral de Patrimonio paralizou as obras, mais unha parte do monumento quedou deteriorado e cuberto por terra e silveiras, nunha clara agresión ao patrimonio cultural.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia de Redondela Mámoa do Rei Ligazóns externas
Petróglifos da Nogueira. Anecdotario redondelán. Categoría:Redondela Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra