Louis Sudre, nado en París o 29 de xullo de 1831 e finado na mesma cidade o 15 de xuño de 1915, foi un numismático francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Pierre Louis Sudre naceu no barrio parisiense de Montmartre, o 29 de xullo de 1831,"Sudre, Pierre Louis". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).Saunier, C. (1914). Páxinas 24-25. fillo de Jean-Pierre Sudre, litógrafo, discípulo de Dominique Ingres.Saunier, C. (1914). Páxina 25.
Estudou no Collège de Bourbon, onde acadou varios galardóns, como o terceiro premio na competición xeral en 1846 e o segundo premio na de Historia en 1847.
Carreira profesional Logo de rematar alí os seus estudos clásicos, simultaneou algúns traballos coa preparación para a facultade de Dereito, mais de camiño, en 1852, se incorporou á Administración das Moedas, por recomendación de amigos da súa familia vinculados a esta institución. Despois foi destinado á Casa da Moeda de Bordeos en condición de auditor de intercambio, e alí ficou entre 1854 e 1857.
De volta a París, ocupou sucesivamente os cargos de auditor (1859), controlador de cambios (1868), xefe de oficinas (1870) e finalmente xefe de obras (1879), cargo que ocupou ata o 1 de abril de 1895, cando se xubilou e foi nomeado subdirector honorario das Moedas e as Medallas.Saunier, C. (1914). Páxina 26.
Erudito numismático O seu contacto profesional co mundo da moeda espertou nel a afección pola numismática. Confeccionou unha notable colección de moedas, cunha boa presenza de series de cuñaxes en proba ás que tiña acceso pola vinculación coa Casa da Moeda de París.
Tamén cultivou a investigación e o estudo da moeda. Foi un estreito colaborador de Félicien de Saulcy para que este puidese publicar a súa colección de documentos relativos á historia das moedas francesas cuñadas polos reis de Francia desde Filipe II ata Francisco I.Saunier, C. (1914). Páxina 26-27.
En 1870 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade na que exerceu como secretario e tesoureiro, e finalmente como presidente entre 1909 e 1911."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Na publicación periódica desta sociedade publicou diversos artigos sobre a historia numismática de Francia.Saunier, C. (1914). Páxina 27.
En 1898, Sudre ingresou tamén como socio da Sociedade Histórica do VI distrito de París,Saunier, C. (1914). Páxina 24. de cuxo consello de administración formou parte o ano seguinte.
Era cabaleiro da Lexión de Honra desde 1893.
Vida persoal Sudre casou cunha sobriña do que daquela era axudante do gravador xefe da Casa da Moeda, Anatole Hulot.
Louis Sudre finou en París o 15 de xuño de 1915, vítima dunha doenza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Saunier, C. (1914). "M. Louis Sudre". En Bulletin de la Société historique du VIe arrondissement de Paris. Années 1914-1915. Páxinas 24-27.
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Coleccionismo Categoría:Personalidades sen imaxes