Marcos González Mastu, nado en Nigrán o 10 de xaneiro de 2006, é un futbolista galego que xoga na demarcación de gardameta. Na tempada 2025-26 competiu co Celta de Vigo Fortuna no grupo primeiro de Primeira Federación, a terceira categoría de fútbol de España. No ámbito das seleccións estatais, Marcos González foi convocado en varias ocasións coa Selección española, e participou na Copa Mundial sub-17 de Indonesia en 2023, xunto con futbolistas coma Héctor Font ou Marc Guiu. A súa axencia de representación é You First. Traxectoria

Clubs Marcos González entrou a formar parte das filas do Celta á idade de oito anos na categoría de Benxamín B. Previamente, xogara nas categorías do equipo de fútbol base baionés Erizana Club de Fútbol, onde alternaba a posición de porteiro coa de dianteiro.

A súa primeira convocatoria co Celta Fortuna foi en setembro de 2024, cando por aquel entón militaba na categoría xuvenil. Foi convocado por Fredi Álvarez para disputar un encontro ante Osasuna Promesas, o filial do equipo navarro. Nesa mesma tempada, o 4 de novembro de 2026 foi convocado co primeiro equipo celeste para disputar un partido da Liga Europa contra o Dinamo de Zagreb na capital croata. O canteirán, que non chegou a desfrutar de minutos, foi seleccionado no lugar de Ionuț Radu, que causara baixa por lesión.

Selección González foi internacional coas categorías inferiores da Selección española de fútbol en diversas ocasións. En 2023 foi convocado na Copa Mundial sub-17 de Indonesia, na que España caería eliminada fronte a Alemaña en cuartos de final por 0 goles a 1. Posteriormente, participou coa Selección sub-18 no Torneo Catro Nacións que se desenvolveu en Tenerife, no que competiu contra as seleccións de Portugal, Romanía e Turquía. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Hugo Wauthier Erizana

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Futbolistas de Nigrán Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B