Eliseo Falcón Falcón, nado en Sevilla o 11 de febreiro de 1997, é un futbolista andaluz que xoga na posición de defensa central. O seu equipo actual é o Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.

Traxectoria Tras iniciar a súa formación no Calavera CF, en 2012 ingresou nas categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club. O 2 de decembro de 2015 asinou o seu primeiro contrato profesional co club sevillano até 2017. Falcón alcanzou o seu debut sénior co Sevilla Atlético o 1 de maio de 2016, participando nunha vitoria por 4-0 contra o Almería B da Segunda División B. A súa estrea profesional co Sevilla Atlético tivo lugar o 12 de novembro de 2016, cando foi substituto de Yan Brice nunha vitoria por 1-0 contra a Unión Deportiva Almería da Segunda División. Durante a tempada 2016/17 foi xogador regular do segundo equipo filial, o Sevilla C da Terceira División.

O 10 de xullo de 2017 anunciouse a fichaxe de Falcón polo Club Recreativo Granada. O 16 de xullo de 2019, tras pouco tempo de xogo no filial granadino, Falcón pasou a formar parte do Atlético Levante. O seu primeiro partido co Levante Unión Deportiva e tamén o seu debut na Primeira División tivo lugar o 16 de xullo de 2019, cando foi titular nunha derrota por 2-4 perante o Valencia Club de Fútbol na que ademais recibiu unha expulsión.

O 9 de outubro de 2020 regresou ao Sevilla Atlético. O 20 de xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato co Sevilla e marchou ao Marbella Fútbol Club. En xuño de 2021 incorporouse ao Club Deportivo Eldense. Tras finalizar a tempada 2021/22, na que contribuíu a lograr o ascenso a Primeira Federación, Falcón foi fichado pola Unió Esportiva Cornellà.

Falcón comezou a tempada 2023/24 nas filas do Ceuta. O 4 de xaneiro de 2024 pasou a formar parte da Asociación Deportiva Mérida. Con este equipo chegou a disputar a promoción de ascenso á Segunda División. En xullo de 2025 foi anunciado oficialmente como novo xogador do Club Deportivo Arenteiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Eliseo Falcón en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Marbella FC Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores da Agrupación Deportiva Ceuta Categoría:Xogadores do Mérida AD Categoría:Xogadores do CD Arenteiro