Guerra é unha obra de teatro de 2025, da autoría de Eduardo Alonso e representada por Teatro do Noroeste: a Guerra é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.
Represoutouse ao longo de 2025 e 2026. Estreouse o 17 de xaneiro de 2025 no Teatro Principal de Santiago dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración con 41 concellos de toda Galicia.
Resumo Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Elenco Miguel Pernas Luma Gómez Manuela Varela Maxo Barjas Sabela Hermida Xavier Estévez
Características
Texto: Eduardo Alonso Dirección: Eduardo Alonso
Escenografía e Vestiario: Carlos Alonso Música: Bernardo Martínez Proxeccións e espazo sonoro: César Seijas Deseño gráfico, vídeos e fotografía: Chiripa Servizo técnico: RTA SC. Auxiliar de dirección: Melina Regueira Produción: Eva Alonso Iluminación: Eduardo Alonso
Duración: 100 min.
Colaboradores
Produción: Teatro do Noroeste Subvención: Xunta de Galicia Colabora: Concello de Ames Compañía asociada a: Escena Galega
Notas
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 2025