Unai Marino Alkorta, nado en Ondarroa o 10 de decembro de 1999, é un futbolista vasco que xoga na posición de gardameta. O seu equipo actual é o Unionistas de Salamanca da Primeira Federación.
Traxectoria Tras completar a súa formación na base da Sociedad Deportiva Eibar, Marino debutou no ano 2017 co segundo filial do club vasco, o Eibar Urko. O 31 de maio de 2018 pasou a formar parte do Bermeo Futbol Taldea da Terceira División. En xullo de 2019 foi fichado polo Polvorín Fútbol Club. Tras pouco tempo de xogo co filial lucense, no verán de 2020 asinou un contrato dun ano coa Unió Atlètica d'Horta, aínda que finalizou a súa vinculación co club catalán o 27 de xaneiro de 2021.
O 28 de xaneiro de 2021 anunciouse a fichaxe de Marino pola Sociedad Deportiva Amorebieta da Segunda División B. Durante a tempada 2020/21 foi suplente de Mikel Saizar e contribuíu ao ascenso histórico do club vasco á Segunda División. O debut profesional de Unai Marino tivo lugar o 20 de novembro de 2021, cando foi porteiro titular nun partido contra o Real Oviedo.
Tras cinco tempadas no Amorebieta, en xullo de 2025 fíxose oficial a chegada de Marino ao Unionistas de Salamanca da Primeira Federación.
Vida persoal Marino é primo do futbolista retirado Oinatz Aulestia, quen tamén xogaba na posición de gardameta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Unai Marino en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Ondarroa Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca