Luis Taboada Montoto, nado en Quiroga o 24 de agosto de 1892 e finado en Navarra en abril de 1952, foi un político galego.

Traxectoria Sexto fillo do matrimonio de Inocencio Taboada Fernández e Florinda Montoto Barral. Ferroviario. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro da Coruña e foi tenente de alcalde. Militante de Izquierda Republicana. En xaneiro de 1936 foi ascendido e destinado a Pamplona como subxefe de Vías e Obras.La Voz de Galicia, 5-1-1936, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Pamplona. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 6-4-1941, p. 1346. Despois foi subxefe de Sección de Vías e Obras de RENFE en Navarra, onde finou en abril de 1952.Diario de Navarra, 19-4-1952, p. 2.El Pensamiento Navarro, 19-4-1952, p. 2.

Vida persoal Era irmán de Inocencio Taboada Montoto. Casou con María Crespo Neira e foi pai de José Taboada Crespo.José Taboada Crespo. Do cárcere ó mundo da ficción

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Luís Taboada Montoto e a triste historia familiar Os Taboada de Quiroga: unha familia marcada pola Guerra Civil Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1952