Yutu (coello de xade, en lingua chinesa) foi un róver chinés lanzado o 1 de decembro de 2013 acaroado á sonda Chang'e 3 mediante un foguete CZ-3B desde o Centro de lanzamento de Xichang para explorar a superficie da Lúa.
Características Yutu era un vehículo de 120 kg que foi despregado na superficie lunar polo aterrizador Chang'e 3 para explorar a contorna do punto de aterraxe. Foi construído por CAST (China Academy of Space Technology), tiña seis rodas e estaba alimentado por paneis solares que lle permitían funcionar durante o día lunar, mentres que pola noite o róver permanecía inactivo e quentado mediante dispositivos radioactivos (RHU, Radioactive Heater Unit) para evitar a deterioración da electrónica. Levaba a bordo 20 kg de instrumentación, incluíndo cámaras panorámicas capaces de emitir vídeo en directo, dous espectrómetros (un para o infravermello e o outro para partículas alfa e raios X) e un radar para investigar o subsolo.
Tras ser despregado na zona de aterraxe mediante unha rampla, en Sinus Iridum, Yutu sufríu problemas que fixeron que despois da primeira noite lunar non puidera moverse máis. Porén, o róver seguiu funcionando durante cerca de dous anos na súa posición estacionaria, xerando ciencia ata que deixou de responder.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-3B Chang'e 3 Yutu-2
Categoría:Sondas espaciais