Daniel Aler Tárrago, nado na Coruña a finais do século XIX e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1946, foi un futbolista e traballador de banca galego. Foi un dos fundadores do Deportivo da Coruña, no que xogou como centrocampista.
Traxectoria Xogou ao fútbol como centrocampista e segundo algunhas fontes, entre elas Virgilio Rodríguez, foi un dos once xogadores que disputaron en 1906 o histórico primeiro partido do Deportivo da Coruña, ante o Corunna. En xaneiro de 1907 participou na fundación oficial do club no seo da Sala Calvet.
Fóra do fútbol traballou durante décadas no Banco de España, ocupando os cargos de secretario da sucursal da Coruña e director en Pontevedra. Faleceu na Coruña o 29 de marzo de 1946.
Vida persoal Casou con Julia Martínez Tenreiro, coa que tivo cinco fillos: Daniel, Julio, Alberto, María del Carmen e María Elena.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados no século XIX Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Finados en 1946