Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O xentilicio é .
Xeografía O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.
A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.
Demografía
Censo total 2488 (2022) Menores de 16 anos 166 (6,68 %) Entre 16 e 64 anos 1338 (53,90 %) Maiores de 65 anos 978 (39,40 %)
Historia Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).
Orixe do concello Trala división territorial de España en 1833 constituíronse os concellos de Neira de Rei e Neira de Xusá, mais en 1840 o primeiro integrouse no segundo. Até 1975 tivo como nome oficial en castelán Neira de Jusá, mais por acordo da corporación municipal de 1974, adoptouse como nome do concello o da súa capital, Baralla.
En Baralla editáronse os periódicos El Eco de Neira (1913) e El Fundador (1914).
Cultura Toponimia Segundo Menéndez Pidal, o topónimo Baralla procede do latín vara, varale, varal e varalia 'sebe de traveseiros', cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.
Economía O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns serradoiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.
Galería de imaxes
Parroquias Segundo o Nomenclátor de Galicia, o concello de Baralla ten 28 parroquias.
Lugares de Baralla Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Baralla
Categoría:Baralla Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía