Guillermo Campos Piñón, máis coñecido como Guillermo Campos, nado na Xesteira (Almofrei, Cerdedo Cotobade) o 1 de febreiro de 1945, é un xornalista, gastrónomo, enólogo, funcionario e escritor galego.
Traxectoria Estudou maxisterio en Pontevedra e axiña comezou a traballar de xornalista. Exerceu de funcionario da administración civil do Estado e despois da Xunta de Galicia. Traballou no Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo (subdelegado en Pontevedra), El Correo Gallego-O Correo Galego (delegado en Pontevedra). No Faro de Vigo creou o suplemento ConSumo Gusto: información turística, gastronómica e de cultura popular orientada ao consumidor en Galicia. Continuou en El Correo Gallego.
Foi director de Consumidores, Paradores, la revista del viajero, Hostelería Galega & Turismo, Lareira e Andares Gozosos (tamén creador), ademais de correspondente en Galicia de Club de Gourmets, inspector da guía gastronómica Gourmetour e crítico gastronómico en Vino y Gastronomía. Colaborou na Guía de Quesos de España e na Guía de Vinos del Gourmet. Foi coumnista de Mundiario e fundador e presidente da AGAXET (Asociacón Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo). Igualmente mandou traballos á Revista Tiempo, Comer y Beber, Bouquet, El Pipiripao etc.
Canto á radio, traballou para Radio Pontevedra, foi correspondente en Pontevedra da Cadena COPE e comentarista especializado na Radio Galega. Na TVE en Galicia foi director e presentador do programa Xantares Galegos, na TVG director, guionista e presentador de Artesa.
Catador diplomado, é membro do comité de cata da Denominación de Orixe Rías Baixas, membro da Irmandade dos Viños galegos e impulsor do Campionato de España de Cociñeiros, do Premio Nacional de la Gastronomía Española, do Campionatos de Galicia de Sumilleres e do Campionato Galego de Cociñeiros.
Foi asesor da área de gastronomía da EGU, Director da primeira Axencia Europea (Transfronteiriza) de Información ao Consumidor (Comunidade Europea: Santiago-Guimarâes-Pontevedra) e Creador do Programa de Formación do Consumidor na Escola (Xunta de Galicia).
Coa Xunta de Galicia viaxou a Bos Aires, Santiago de Chile e Montevideo promocionando a oferta turistico-gastronómica galega. Volveu en participacións promocionais a Nova York, Venezuela, Brasil, México, Marrocos ,Tel Aviv, Portugal...
Foi elixido entre os 35 mellores xornalistas españois especializados en gastronomía, segundo a revista Tapas, do grupo Forbes.
Obras
Comer bien en Galicia (1996). País Aguliar. ISBN 978-84-03-59638-2. 150 páxs. Xantares para el Siglo XXI (2009). Editado polo grupo Xantares en colaboración coa Xunta de Galicia.
Libros colectivos
Guía Selecta de Restaurantes de España Guía Mundial del Vino (1993). Sonidos de un Viaje Milenario (1997). Paradores de Turismo. O viño e o sumiller La Sardina Ministerio de Agricultura.
Notas
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Enoloxía