Trinitario Ruiz Capdepón, nado en Orihuela o 20 de agosto de 1836 e finado en Madrid o 13 de febreiro de 1911, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Ultramar, ministro do Interior e ministro de Graza e Xustiza durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e gobernador do Banco de España.

Traxectoria esquerda|miniatura|Caricatura de Ruiz Capdepón en Blanco y Negro por Mecachis (1898)

Carreira política Naceu o 20 de agosto de 1836 na localidade alacantina de Orihuela. En 1858, licenciouse en Dereito pola Universidade de Valencia, onde foi profesor, e tras obter o doutoramento en 1859, comezou a súa carreira política dentro da Unión Liberal, na que entrou da man do seu tío, Tomás Capdepón Martínez, á vez que dirixía os xornais La Unión e El Valenciano.

Durante a Revolución de 1868, participou na Xunta Revolucionaria de Valencia e fundou o Partido Constitucional, co que participou nas eleccións de 1869, gañando un escano no Congreso polo distrito valenciano de Xátiva. Tras promover a creación de dous novos xornais, El Diario de Valencia e El Constitucional, e volveu gañar un escano por Xátiva nas eleccións de 1871 e abril de 1872. No Congreso dos Deputados, aliñouse con Práxedes Mateo Sagasta e o Partido Progresista e apoiou a candidatura de Amadeu I ao trono español, a quen visitou en Florencia cunha comisión para lle ofrece-lo trono.

Trala Restauración borbónica foi elixido deputado por Xiva de Buñol nas eleccións xerais españolas de 1876 e por Sueca nas de 1879. En 1881, foi nomeado gobernador civil de Valencia e pouco despois foi elixido deputado por Orihuela polo novo Partido Liberal, que sucedeu ao Partido Constitucional e do que foi un dos xefes e fundadores. Elixido de novo como deputado por Orihuela nas eleccións xerais de 1886, organizou a partir de entón unha rede clientelar no distrito que lle aseguraría a reelección no distrito nas eleccións de 1891, 1893, 1896, 1898, 1899, 1901 e 1903, convertendo o seu partido na forza hexemónica do Baix Segura. En 1903, entrou no Senado como senador vitalicio.

Cargos Exerceu como Ministro de Territorios de Ultramar do 14 de xuño ao 11 de decembro de 1888, nun goberno presidido por Sagasta. Inmediatamente pasou a ser Ministro do InteriorDaquela, tiña a denominación de Ministerio de Gobernación. no seguinte goberno formado polo líder liberal, cargo que ocupou ata o 5 de xullo de 1890. Durante o seu mandato, foi fundamental na creación do Servizo Postal. O 6 de xullo de 1893, Sagasta volveuno chamar para que se incorporase a un novo gabinete como Ministro de Graza e Xustiza, cargo que ocupou ata o 4 de novembro de 1894, cando renunciou ao cargo para regresar ao Ministerio do Interior ata o 23 de marzo de 1895. Finalmente, entre o 4 de outubro de 1897 e o 4 de marzo de 1899, exerceu por terceira vez como Ministro do Interior.

Foi gobernador do Banco de España (1905-1906) e membro do Consello de Estado.

Faleceu en Madrid o 13 de febreiro de 1911.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Orihuela Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Senadores de España Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Ministros de Xustiza de España Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Ministros de Indias e Ultramar de España